A sombra da Guerra Civil en Luís Pimentel
Contenido principal del artículo
Resumen
A Guerra Civil que tivo lugar en España entre 1936 e 1939 e que se proxectou en Galiza principalmente como brutal represión, quebrou a vida de milleiros de galegos e galegas coa morte ou ben cun trauma inesquecíbel. Temos o privilexio de que unha destas vítimas permanentes sexa un dos poetas galegos de maior sensibilidade, Luís Pimentel (1885-1958). Os seus versos conforman unha das mellores testemuñas posíbeis do que significou o masacre tanto desde un punto de vista colectivo como tamén persoal, reflectido nunha vida para o lugués de temor e angustia existencial. Detrás do coñecido “Cunetas”, deixounos Pimentel un corpus continuo en que se evidencia un novo modo de ollar ao redor após observar como algúns dos seus ían sendo aniquilados sen maior culpa que a de non apoiar o réxime fascista que irrompía. Os poemas pimentelianos vanse converter nun magnífico documentario deste drama histórico desde a perspectiva dunha vítima coa maior das dotes expresivas.