Contido principal do artigo

Aleix Herreras
Universitat Internacional de Catalunya
España
https://orcid.org/0000-0002-9425-5340
Vol 8 (2022), Artigos
DOI https://doi.org/10.15304/marco.id8597
Recibido: 30-07-2022 Aceptado: 21-12-2022 Publicado: 29-12-2022
Copyright Como citar Citado por

Resumo

Este artigo baséase na observación dos spots recollidos no Museo da Imaxe en Movemento e nas canles de YouTube dos candidatos á presidencia dos Estados Unidos.Non foi ata a década dos 80 cando se normalizou o uso da música neste tipo de publicidade. Hai un uso decrecente do jingle e unha mellora na integración debido á congruencia e complementariedade dos significados que proporciona a música. Na década dos noventa hai un claro incremento do número de spots estreados, a través dos cales se establecen os seus clichés estilísticos musicais máis característicos. No século XXI estanse integrando os recursos musicais da publicidade emocional, e na actualidade estase a normalizar un sensacionalismo que absorbe o estilo do tráiler cinematográfico. A través da música, o spot distingue a finalidade do anunciante e indica palabras con silencios ou outros recursos musicais.