Contido principal do artigo

Denébola Álvarez Seoane
Universidade de Santiago de Compostela Departamento de Didáctica e Organización Escolar Grupo de Investigación Stellae
España
Biografía
No 23 (2013): As innovacións na historia da educación, Artigos
Recibido: 17-10-2013 Aceptado: 17-10-2013 Publicado: 04-12-2013
Copyright Como citar

Resumo

A través deste artigo búscase facer visible o proxecto de investigación dunha tese de doutoramento que abarca o eido da elaboración de materiais didácticos no ámbito municipal. Dunha banda, sitúanse os procesos de creación de materiais didácticos, co que isto supón paralelamente de avaliación do modelo pedagóxico, do modelo de profesionalidade docente, das finalidades educativas e das estratexias didácticas, e doutra banda, sitúase o rol que asumen as administracións locais da provincia de A Coruña nos procesos de creación de materiais didácticos, que implican un análise das políticas de elaboración e difusión, da natureza dos materiais, do uso planificado e 'real', do perfil profesional e formativo das autoras e dos autores dos materiais, así como a influencia dos orzamentos e da lexislación en materia local na permanencia a longo prazo de políticas de impulso e creación de materiais didácticos territorializados. Preséntanse a continuación os apartados propios do informe parcial do proxecto de investigación: definición, xustificación, obxectivos, hipóteses, mostra, metodoloxía e primeiros resultados.

Detalles do artigo