No 1 (2019)
A revista Gladius et Scientia. Revista de Estudios de Seguridad del CESEG dedica o seu primeiro número, composto por sete artigos e cinco recensións, á relación entre intelixencia e o principio de transparencia pública. Trátase, sen dúbida, dunha relación problemática, que no actual contexto de riscos e ameazas necesita de análises depuradas e académicas. Por unha banda, a intelixencia é básica para enfrontarse con éxito ao desafío do terrorismo e radicalización e, por outro lado, a transparencia convertiuse nunha esixencia imprescindible para acadar as maiores cotas de calidade democrática.
Publiée: 2020-01-04