Dereito: revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela é unha revista semestral fundada en 1992 e dirixida tanto a persoal docente e investigador como a profesionais do sector público e do sector privado que desenvolvan as súas actividades no eido das ciencias xurídicas.
Dereito aparece indizada no International Political Science Abstracts, Political Science Complete, ERIH+, Sociological abstracts (Select.), Worldwide Political Science Abstracts, SocINDEX, Scopus (descontinua), Fuente Académica Premier, Academic Search Complete, Current Abstracts, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, e está presente no 38,09% das universidades españolas coa titulación (24/63).
No índice RESH, Dereito sitúase, no período 2005-2009, no posto 12 de 71 entre as revistas españolas de ciencias xurídicas de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science.
O portal dixital de Dereito publícase en galego e español; as linguas de publicación son o galego, portugués, español, francés, inglés e italiano.