Resumo

Jean-François Lyotard é un dos filósofos franceses da segunda mitade do século XX que intentou darlle unha oportunidade á elaboración dun pensamento do acontecemento a partir da súa unión co motivo da diferenza.


O punto de arranque é a consideración de que o coñecemento non pode reducir toda diferenza a identidade, ao quedar sempre marxes e restos que non se poden traducir dunha lingua a outra nin asimilar por un concepto unificador.


Lyotard apostará por tratar de prefigurar o xurdimento da novidade cun pensamento que vaia máis alá do homoxéneo. A diferenza pretenderá deixar sinalados os restos inasimilables e intraducibles, tamén os despropósitos, mentres, asemade, dá espazo e lugar a un discurso e unha comunicación aberta, aínda que desaxustada, que axude a que algo aconteza.