Terra e Memoria un arquivo aberto para o século XXI
Contido principal do artigo
Resumo
Terra e Memoria é o portal web no que o Departamento de Historia da USC pon na rede os seus fondos de memoria oral. Os grupos de investigación HISTAGRA, HistAMÉRICA e HISPONA poñen en común preto de 2.000 entrevistas que fan parte dos fondos do proxecto Nomes e Voces e da iniciativa Historia Oral de Galicia. Represión, emigración, vida cotiá, lembranzas de feitos históricos e todo tipo de narracións atópanse neste conxunto.
Por mor da Lei Orgánica de Protección de Datos e polas diferentes condicións dos informantes, o novo portal establece diferentes niveis de acceso. Deste xeito, hai acceso libre ás fichas de 2.162 entrevistas, mentres o rexistro aberto no web facilita acceso a 70 fragmentos de audio e un aceso específico para investigadores achega aos interesados a totalidade dos fondos dispoñibles. O proxecto, que recolle trinta anos de traballo dos grupos participantes, está aberto a novas achegas por parte do público.
Palavras-chave:
Detalles do artigo
Artigos mais lidos pelo mesmo (s) autor (es)
- Fran Quiroga, Lourenzo Fernández Prieto, Xavier Simón, Repensar a innovación no rural a través das Experiencias Productivas Innovadoras , Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades: n. 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible