Contido principal do artigo

Lorenzo Fernández Prieto
Universidade de Santiago de Compostela
España
http://orcid.org/0000-0003-3206-2428
Fran Quiroga
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0002-8409-6710
No 31 (2019), Notas de investigación
Recibido: 05-07-2019 Aceptado: 24-07-2019 Publicado: 28-08-2019
Copyright Como citar

Resumo

Terra e Memoria é o portal web no que o Departamento de Historia da USC pon na rede os seus fondos de memoria oral. Os grupos de investigación HISTAGRA, HistAMÉRICA e HISPONA poñen en común preto de 2.000 entrevistas que fan parte dos fondos do proxecto Nomes e Voces e da iniciativa Historia Oral de Galicia. Represión, emigración, vida cotiá, lembranzas de feitos históricos e todo tipo de narracións atópanse neste conxunto.

Por mor da Lei Orgánica de Protección de Datos e polas diferentes condicións dos informantes, o novo portal establece diferentes niveis de acceso. Deste xeito, hai acceso libre ás fichas de 2.162 entrevistas, mentres o rexistro aberto no web facilita acceso a 70 fragmentos de audio e un aceso específico para investigadores achega aos interesados a totalidade dos fondos dispoñibles. O proxecto, que recolle trinta anos de traballo dos grupos participantes, está aberto a novas achegas por parte do público.

Detalles do artigo