n. 31 (2019), Dossier
Recibido: 29-04-2019
Aceito: 28-06-2019
Publicado: 28-08-2019
No presente artigo faise unha aproximación á institucionalización da violencia sexual e sexuada durante a etapa da Transición á democracia, centrándonos principalmente na década dos 80 por ser o momento en que se institucionaliza o Feminismo a través das novas leis e políticas públicas. A análise das mudanzas no plano lexislativo quere ser contrastada co que acontece a nivel práctico, mediante a presentación dunha serie de casos e sentencias que poñen sobre a mesa a fractura existente entre a realidade formal e material dun tempo que se alonga ata a actualidade.
Violencia Institucional, Violencia de xénero, Feminismo, Transición