A exclusión territorial como unha forma de manifestación dos procesos de exclusión social
plugins.themes.xejournal.article.main
Resumo
A accesibilidade aos servizos básicos é esencial para asegurar a calidade de vida da poboación. Unha distribución equilibrada destes servizos (escolas, centros de saúde, oficinas de farmacia, centros sociais, servizos deportivos, servizos financeiros, supermercados etc.) permite á poboación identificarse co seu espazo máis próximo, aumentando a cohesión social e a interrelación entre o núcleo de poboación e os seus habitantes. De feito, un dos factores que poden provocar ou agravar a exclusión social dos individuos radica na vulnerabilidade, afastamento ou estigma social dos territorios que habitan. Neste traballo reflexionase sobre o concepto de exclusión territorial e a súa relación coa exclusión social, preséntase un método de cuantificación e análise da exclusión territorial e móstranse os resultados da súa aplicación a un servizo público básico, a prestación farmacéutica. Os resultados obtidos mostran que a regulación actual non permite resolver os problemas de acceso ao medicamento de numerosos núcleos de poboación do interior de Lugo e Ourense.
Palavras-chave:
plugins.themes.xejournal.article.details
plugins.generic.recommendByAuthor.heading
- André Carrascal Incera, Melchor Fernández Fernández, Xesús Pereira López, Xeración de residuos derivados do turismo receptor en Galicia , Revista Galega de Economía: v. 22 n. 1 (2013)
- Melchor Fernández Fernández, Diana Fernández Méndez, Alberto Meijide Vecino, A aplicación da Lei de dependencia en Galicia: efectos sobre la generación de empleo , Revista Galega de Economía: v. 22 n. 2 (2013)
- Melchor Fernández Fernández, María-Celia López-Penabad, Ana Iglesias Casal, Desafíos socioeconómicos del cambio demográfico , Revista Galega de Economía: v. 29 n. 2 (2020): Número Extraordinario. Desafios socioeconómicos do cambio demográfico