"A Revolución só era deles. A muller na concepción revolucionaria castrista dos 60."
Contenido principal del artículo
Resumen
Os procesos revolucionarios que deviñeron en América Latina trala Revolución Cubana contaron cunhas características específicas, marcadas polo triunfo da experiencia insurreccional cubana. Quixemos achegarnos ao concepto de revolución destes movementos, e coñecer ata que punto este incluía á muller ou non. A análise dos teóricos máis relevantes xunto ás organizacións revolucionarias permítenos establecer de partida a mínima presenza das mulleres na idea de revolución que se manexa, cotexando posteriormente se esta mínima presenza tamén se deu na práctica revolucionaria.