O posicionamento territorial a partir dos Itinerarios Culturais: o caso de Arzúa nos camiños de Santiago
Contenido principal del artículo
Resumen
Nas últimas décadas, foi aumentando a importancia das estratexias baseadas nos recursos endóxenos como forma de desenvolvemento das áreas rurais, sobre todo aquelas relacionadas co turismo. Así, a posta en valor de Itinerarios Culturais considérase unha ferramenta importante para o posicionamento territorial e o impulso de oportunidades empresariais neses espazos. O Camiño de Santiago, o máis coñecido dos Itinerarios Culturais Europeos nos que participa Galicia, constitúe un instrumento desexado por moitos territorios galegos que enfrontan problemas de perda de poboación e competitividade rural, a pesares de que gran parte dos municipios do interior por onde pasa o Camiño continúan nunha profunda crise económica e demográfica. A través do estudo de caso centrado no municipio de Arzúa, veremos que a integración real de elementos identitarios e recursos locais na estratexia de desenvolvemento turístico vinculado ao Camiño resulta fundamental para que este recurso xere impactos económicos no territorio.
Palabras clave:
Detalles del artículo
Artículos más leídos del mismo autor/a(s)
- Rocío Toxo Asorei, Ana Isabel García Arias, Caracterización das migracións no rural galego do século XXI , Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades: Núm. 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible