No 25 (2013): El mar: una mirada transversal desde las ciencias sociales y las humanidades, Artigos
Recibido: 23-05-2013
Aceptado: 08-10-2013
Publicado: 19-11-2013
Este artigo propón unha reflexión crítica sobre as paisaxes do mar da Galiza. Apesar da relevancia das mesmas, existe escasa investigación cunha óptica como aempregada neste traballo, que privilexia a dimensión cultural inmaterial inherente ánoción de paisaxe. Iníciase o texto cunha cita mediante a cal se discute teoricamente oenfoque paisaxístico no espazo mariño. Os apartados centrais do artigo proban apertinencia da consideración paisaxística do mar galego a través da análise dunhaescolma de lugares de interese, que comeza pola enseada de San Simón e finaliza na ríade Ribadeo. A análise está baseada en materiais de tipo literario, complementados porimaxes paisaxísticas doutra natureza (fotografía, cartelaría turística, etc.). Asconclusións inciden nas implicacións do estudo en termos de ordenación do territorio,nomeadamente en relación ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) aprobado en 2011.
Paisaxes mariñas, representacións paisaxísticas, ordenación do territorio, Galiza