"Comunidade e poder: mareas e desexos "
Main Article Content
Abstract
Para que un proceso comunitario, unha comunidade, recupere a súa potencia ontolóxica como grupo social, que nalgún momento foi cedida ou captada polos mecanismos políticos da representación e convertida en poder, en poder extirpado, terá que recobrar, non só os mecanismos socioeconómicos, senón tamén os seus propios focos de enunciación. Doutro xeito, sen atopar o propio desexo e escoller a súa codificación, isto é, sen converterse en suxeitos de enunciación e manténdose como suxeitos de enunciado, calquera organización social só repetirá as ordenanzas do poder central. Para iso debe darse unha toma de conciencia, a partir de procesos de socialización específicos, posiblemente postos en marcha por un grupo promotor, que funcione como mecanismo diagramático, non só de si mesmos como comunidade, non de si mesmos como individuos, senón de si como colectividade preindividual.
Keywords:
Article Details
Most read articles by the same author(s)
- Rebeca Baceiredo, TROUBLES OF FREEDOM AND PLURALISM. FROM MODERN ASSOCIATIONISM TO HYPERBOLE OF THE CONTEMPORARY SELF , Agora. Papeles de Filosofía: Vol 44 No 1 (2025)