Contido principal do artigo

José Blanco-Álvarez
Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
https://orcid.org/0000-0002-2902-022X
Manuel González-López
Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
https://orcid.org/0000-0002-2645-011X
v. 31 n. 1 (2022), Articles, páginas 1-24
DOI: https://doi.org/10.15304/rge.31.1.7961
Recibido: 30-09-2021 Aceito: 28-04-2022 Publicado: 24-06-2022
plugins.generic.inlineHtmlGalley.images
Direitos de Autor Como Citar Artigos mais lidos pelo mesmo (s) autor (es) plugins.generic.citations.citedby

Resumo

Nos últimos anos instaurouse no imaxinario colectivo a idea de que a mocidade galega está a emigrar de novo, subliñando un problema de fuga de cerebros. Non obstante, son poucos os estudos sistemáticos sobre esta cuestión. Neste traballo, cruzamos os datos de emigración españois cos datos dos censos dos países de destino, recollidos pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) na súa base de datos sobre inmigrantes en países pertencentes e non pertencentes á OCDE (DIOC-E ou DIOC estendida), para estimar os stocks de emigrantes por nivel educativo e comunidades autónomas (CC.AA.) de orixe. De igual forma, empregamos unha serie única de datos de mobilidade laboral do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE) para estudar as migracións internas. Os nosos resultados amosan que Galicia é unha das comunidades máis afectadas pola fuga de cerebros no contexto español. A emigración externa aumentou de forma significativa coa crise económica e mantense en niveis elevados desde entón, namentres a emigración interna presenta un nivel reducido en comparación con outras CC.AA. pero ofrece un saldo negativo persistente e unha tendencia crecente.