Contido principal do artigo

Gonzalo Rodríguez Rodríguez
Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
Biografía
Víctor Hugo Martínez Ballesteros
Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
Biografía
v. 23 n. 3 (2014), Presentação
Recibido: 27-03-2015 Aceito: 27-03-2015 Publicado: 27-03-2015
Direitos de Autor Como Citar Artigos mais lidos pelo mesmo (s) autor (es)

Resumo

Este bloque temático sobre Innovación e desenvolvemento na acuicultura de Iberoamérica componse de catro artigos a través dos que se tratou de cubrir un dobre obxectivo. En primeiro lugar, buscouse identificar novas ideas acerca de como xestionar a innovación e o cambio na acuicultura. En segundo lugar, tratou-se de ofrecer unha mostra do "estado da arte" que cubra o maior número de espe-cies, territorios e marcos teóricos posibles. E aínda que o grao de cobertura en to-dos estes temas é necesariamente limitado, os artigos incluídos constitúen unha mostra significativa e ampla en canto á cobertura dos campos propostos. Cómpre sinalar que esta iniciativa deriva da Rede Temática 108RT0351 - Innovación e de-senvolvemento da acuicultura en Iberoamérica (ACUINNOVA), financiada polo Pro-grama Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento (CYTED), que entre os anos 2008 e 2010 auspiciou a adopción de marcos analíticos compar-tidos entre diversos equipos de investigación entrambos os dous lados do Atlánti-co.

Detalles do artigo

Artigos mais lidos pelo mesmo (s) autor (es)