A configuración histórica do sistema hospitalario público e privado en España desde unha perspectiva territorial: un estudo a través do caso galego
Contido principal do artigo
Resumo
Os hospitais convertéronse hoxe en día en espazos estratéxicos de investigación científica, formación médica e atención clínica, á vez que en eixos centrais do noso sistema de saúde e do noso estado do benestar. Partindo desta idea, este traballo ofrece novos datos cuantitativos e propón dous obxectivos básicos. Primeiro, analizar que factores condicionaron a configuración histórica do mapa hospitalario público e privado en Galicia desde unha perspectiva comparativa. Segundo, estudar o impacto da Lei Xeral de Sanidade aprobada en 1986 e do traspaso das transferencias sanitarias a Galicia en 1991 sobre a configuración do seu sistema hospitalario público e privado no longo prazo. Os resultados obtidos poñen en evidencia a importancia da perspectiva territorial para comprender a complexa heteroxeneidade histórica do noso modelo hospitalario actual e achegan novos elementos para o debate político e a análise económica.