Impacto socioeconómico dos itinerarios culturais: “O Camiño de Santiago e outras rutas de peregrinación”
Publicado o 2020-05-13Estimadas/os colegas,
Os itinerarios culturais e, particularmente, as rutas de peregrinación só teñen sido analizadas recentemente como un fenómeno turístico. Aínda que non foron inicialmente deseñados como un recurso turístico, na actualidade son promovidos como novos destinos e produtos turísticos.
Os itinerarios culturais son moito máis que rutas ordinarias, pois non só implican unha viaxe física a través dun territorio, senón tamén unha viaxe mental. Combinan experiencias medioambientais, culturais e espirituais, o que os converte en fenómenos complexos cuxo impacto na sociedade require dunha aproximación multidisciplinar.
O obxectivo principal deste número extraordinario é propiciar a xeración de coñecemento en torno ao impacto socioeconómico dos itinerarios culturais, prestando especial atención a temas relacionados con:
- Análise do impacto económico nas localidades ao longo da ruta: patróns de desenvolvemento local e endóxeno, sistemas de contabilidade económica, economía das cidades principais, novos modelos de especialización económica e comercial…
- Modelos demográficos e outros cambios sociais promovidos polos itinerarios culturais.
- Estratexias de marketing para promover itinerarios culturais.
- Impactos medioambientais.
- A función dos medios de comunicación impresos e dixitais e fluxos virtuais de información, ideas e imaxes á hora de diseminar información sobre a ruta.
- O papel do negocio local, comunidade e organizacións gobernamentais para promover a ruta.
- Impacto da COVID-19 nos itinerarios culturais.
Neste número especial publicaremos achegas orixinais sobre os temas propostos e outros similares. Todos os envíos serán sometidos a revisión cega para garantir a calidade científica dos traballos. Recepción de traballos: 1 xuño de 2020 - 28 de febreiro de 2021.
Dr. Ruben Camilo Lois González, Universidade de Santiago de Compostela (Spain), rubencamilo.lois@usc.es
Dr. John Eade, University of Roehampton (UK), J.Eade@roehampton.ac.uk
Dr. Adolfo Carballo Penela, Universidade de Santiago de Compostela (Spain) adolfo.carballo@usc.es