Resumo

A pandemia de COVID-19 afectou a economía global, e a maioría dos países enfróntase a unha crise dobre: sanitaria e económica. México ten un dos peores comportamentos en América Latina. O obxectivo deste traballo é analizar a dinámica económica de México, así como a súa resposta á crise pandémica, prestándolle especial atención ao papel que desempeña a política contracíclica dos Estados Unidos.


Con base no estudo de cambios e implicacións do proceso de liberalización económica e de integración comercial cos Estados Unidos, así como das pautas de crecemento comparado e do orzamento de gasto dese país, conclúese que a súa política contracíclica contribúe ao crecemento económico mexicano.


Os resultados poñen de manifesto a inexistencia dunha folla de ruta cara ao desmantelamento do modelo económico neoliberal. México está atado ao ciclo económico dos Estados Unidos.