Contido principal do artigo

Amparo Alejandra Reyes Escobar
Universidad Autónoma Metropolitana-Xochimilco
México
https://orcid.org/0000-0003-0388-3630
Carlos Antonio Rozo Bernal
Universidad Autónoma Metropolitana- Xochimilco
México
http://orcid.org/0000-0002-4593-8161
Vol 29 No 1 (2020), Artigos, páxinas 1-18
DOI https://doi.org/10.15304/rge.29.1.6609
Recibido: 10-02-2020 Aceptado: 01-05-2020 Publicado: 29-05-2020
Copyright Como citar

Resumo

Grecia aínda non atopou o camiño cara á súa recuperación desde que a súa economía se contraese ano tras ano desde o 2008. Arguméntase neste artigo que o factor central deste resultado foi a dinámica de financiamento dos países máis involucrados no endebedamento grego, que foi considerablemente maior e que influíu máis negativamente sobre a economía grega que o deficiente e dispendioso manexo fiscal no que puideron incorrer diferentes gobernos. O ímpeto mostrado polos servizos financeiros non correspondeu á debilidade do sector real, pois o endebedamento e os fluxos financeiros foron utilizados sen restrición ningunha para satisfacer os intereses dos acredores. Neste traballo realízase unha análise das canles que foron alimentando a débeda grega no contexto proposto por Minsky (1992) de inestabilidade financeira, que ten lugar cando unha economía transita desde a estabilidade financeira cara a un escenario de inestabilidade soportado en dúas variables determinantes: os altos e esaxerados xuros do servizo da débeda e mais o tipo de axentes posuidores dos activos de débeda. Os xuros do servizo da débeda contraída polo Goberno desde a súa incorporación á zona euro xunto ao forte impulso do financiamento provocaron que a débeda se convertese nunha bóla de neve xigante, mentres que o cambio nos posuidores de débeda impediu que o Goberno puidese cumprir coas estritas e onerosas reformas gobernamentais e macroeconómicas, que repercutiron directamente sobre a capacidade de pagamento dos Gobernos gregos e que provocaron resultados negativos sobre o benestar da sociedade.

Detalles do artigo