Contido principal do artigo

Edelmiro López-Iglesias
Universidade de Santiago de Compostela
España
Biografía
Vol 28 No 3 (2019), Artigos, páxinas 1-20
DOI https://doi.org/10.15304/rge.28.3.6168
Recibido: 13-07-2019 Aceptado: 13-07-2019 Publicado: 19-12-2019
Copyright Como citar

Resumo

Nos últimos 30 anos o sector agrario e o complexo agroalimentario galego tiveron que afrontar profundas mudanzas no seu marco de funcionamento como consecuencia dos cambios nos mercados, nas políticas e nas demandas da sociedade. Nese contexto o sector deu mostras nalgúns aspectos dun notable dinamismo e capacidade de resposta. Como exemplos cabe mencionar a expansión da produción láctea, que permitiu que Galicia se consolidara entre as dez primeiras rexións leiteiras da UE, ou o desenvolvemento de producións diferenciadas e de calidade principalmente no vacún de carne e no viño. No referido á tecnoloxía produtiva, o sector agrario mantivo un elevado esforzo investidor que, unido ao acelerado axuste da man de obra, posibilitou que o enorme atraso do que partía na dotación de capital por traballador fora superado. Tal esforzo investidor permitiu tamén a consolidación dun segmento de explotacións profesionais medianas, aínda minoritario, pero que constitúe xa o núcleo produtivo do sector. Porén, a pesar dos avances, o complexo agroalimentario segue presentando aquí fortes deficiencias, especialmente en dous aspectos: os déficits estruturais na base territorial das explotacións e nos usos da terra, e a debilidade da agroindustria. Estas deficiencias provocaron que nas tres últimas décadas se ampliara o saldo negativo da balanza agroalimentaria. 

Detalles do artigo