Contido principal do artigo

Juan Manuel Vilar Fernández
Universidade da Coruña – Facultade de Informática
España
Jaime Fe Marqués
Universidade da Coruña – ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
España
Alejandro M. Vasallo Rapela
Universidade da Coruña – ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
España
Vol 28 No 1 (2019), Artigos, páxinas 40-56
DOI https://doi.org/10.15304/rge.28.1.6162
Recibido: 13-07-2019 Aceptado: 13-07-2019 Publicado: 12-09-2019
Copyright Como citar

Resumo

A Responsabilidade Social da Empresa (RSE), tamén denominada Responsabilidade Social Corporativa (RSC), formúlase como un factor estratéxico clave na xestión. O obxecto deste traballo é analizar as relacións existentes entre os principios de RSE e a rendibilidade das empresas do sector da construción en Galicia. Para iso realízase unha revisión do concepto de RSE e da súa evolución; a continuación analízase a relación entre a RSE e os resultados empresariais a nivel global para empresas galegas representativas do sector da construción; e, por último, desenvólvense indicadores cuantitativos que permiten avaliar a xestión e o desempeño na empresa e contrástanse as formulacións teóricas cos resultados obtidos a través da modelización econométrica para unha mostra de 100 empresas. A análise comparativa realízase a través da rendibilidade sobre activos ou económica (ROA, Return On Assets) e a rendibilidade, sobre fondos propios ou financeira (ROE, Return On Equity). Concluímos que existe unha relación positiva entre os rendementos financeiros e a RSE, polo que esta se consolida como fonte de vantaxe competitiva.

Detalles do artigo