40 ANOS DE FACENDA AUTONÓMICA EN GALICIA
Main Article Content
Abstract
efeméride de gran transcendencia para a nosa Comunidade: no ano 2018 se compren 40
anos dos primeiros pasos da autonomía de Galicia e, con ela, da súa facenda. Aproveitamos
polo tanto os actos que está a organizar a Facultade de CC. Económicas e Empresariais de
Santiago de Compostela conmemorando o primeiro fito, para facer un repaso do que foi a
configuración e evolución do sector público autonómico dende a perspectiva da súa facenda.
Neste senso, en primeiro lugar, e coa finalidade de poder encadrar adecuadamente a
evolución dos gastos e ingresos da Comunidade Autónoma de Galicia, analizamos
brevemente cómo se foi conformando o ámbito de competencias que desenvolve o Goberno
galego, e en qué marcos de financiamento obtivo ata o de agora os recursos necesarios para
asumir as obrigas derivadas das mesmas.
Contextualizado o marco no que se obteñen os ingresos e se executan os gastos da
Administración autonómica galega, procedemos á análise dos mesmos durante o período
referido, tentando incidir principalmente naqueles elementos que teñen configurado a súa
realidade actual e que nos permiten reflexionar sobre as perspectivas de futuro.
Article Details
Most read articles by the same author(s)
- Miguel Ángel Vázquez Taín, Demography and sustainability of the public pension system , Revista Galega de Economía: Vol 29 No 2 (2020): Special Issue. Socio-economic challenges of demographic change