A Revista Galega de Economía/Galician Journal of Economics (RGE/GJE) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela é unha revista científica que publica artigos orixinais relacionados cos campos da economía e a empresa.
Vai dirixida á comunidade científica e universitaria nacional e internacional, así como a todos os profesionais dos campos mencionados anteriormente.
Ten periodicidade semestral aínda que pode publicar número/s extraordinario/s ao longo do ano.
Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e non estar sometidos á consideración para a súa publicación en ningunha outra plataforma editorial. Admite traballos en galego, español, portugués e inglés.
XESTIÓN EDITORIAL DOS ORIXINAIS
Polo que respecta ás linguas nas que se poden enviar os traballos, e unha vez aprobados estes para a súa publicación, cómpre sinalar que os traballos poderán ser rexeitados en calquera fase do proceso se presentan baixa calidade lingüística.
ENVÍOS
No caso dos artigos de investigación con varios autores, deberá designarse un autor para a correspondencia que será o responsable de que todos os autores aprobasen a versión final do documento. É responsabilidade do autor de correspondencia asegurarse de que o listado de autores se introduce correctamente.
A contribución, os recoñecementos e/ou as fontes de financiamento deben incluírse en "Comentarios para o editor" no formulario de entrega en liña. Por favor, indique claramente o(s) nome(s) e apelido(s) de cada autor e comprobe que todos os nomes están escritos con precisión. Presente os enderezos de filiación dos autores (onde se realizou o traballo real) debaixo dos nomes e enderezo postal completo de cada filiación, incluíndo o nome do país e o enderezo de correo electrónico de cada autor.
Contribución dos autores: deberá indicarse a contribución de cada autor nun breve parágrafo utilizando a terminoloxía convencional CRediT (https://casrai.org/credit/). Exemplo: "Conceptualización, X.X. e Y.Y.; Metodoloxía, X.X.; Software, X.X.; Adquisición de datos, X.X., Y.Y. e Z.Z.; Análise e interpretación, X.X.; Redacción- Preparación do borrador, X.X.; Redacción-Revisión & Edición, X.X., etc. Todos os autores leron e están de acordo coa versión publicada do manuscrito”.
Os nomes dos autores deben figurar en ordenación alfabética polo primeiro apelido no caso de que todos contribuísen do mesmo xeito no traballo.
Artigo como documento de texto (Office, OpenOffice e formatos compatibles) empregando o seguinte MODELO:
a) Extensión máxima: 8.000 palabras, excluídos os anexos e a bibliografía.
b) Primeira páxina (sen información de autores):
- Título na súa lingua orixinal. Os títulos deben ser concisos e informativos. Adoitan usarse nos buscadores. Evite abreviaturas e fórmulas cando sexa posible
- Título en inglés
- Resumo na súa lingua orixinal (máximo de 150 palabras)
- 3-5 Palabras clave na lingua orixinal
- Resumo en inglés (máximo de 150 palabras)
- 3-5 Palabras clave en inglés
- Códigos JEL
c) Corpo do artigo
Introdución
A Introdución debe indicar os obxectivos do traballo e proporcionar unha base adecuada, evitando unha revisión da literatura detallada ou un resumo dos resultados.
Teoría (revisión da literatura)
Unha sección de Teoría debe estender, non repetir, os antecedentes do artigo xa tratados na Introdución e sentar as bases para un traballo posterior.
Materiais e métodos
Esta sección debe proporcionar detalles suficientes para permitir que o traballo sexa reproducido por un investigador independente. Os métodos que xa están publicados deben ser resumidos e indicados por unha referencia. Se se cita directamente a partir dun método publicado anteriormente, use aspas e cite a fonte. Tamén debe describirse calquera modificación dos métodos existentes.
Resultados
A sección Resultados presenta os principais achados do estudo de forma clara, concisa e lóxica. Este apartado deberá resumir obxectivamente os resultados da investigación, acompañados, se fose necesario, de análises estatísticas, figuras, táboas e gráficos para apoiar as conclusións.
Discusión
Esta sección debe explorar a importancia dos resultados do traballo, non repetilos. Unha sección de Resultados e discusión combinados adoita ser apropiada.
Conclusións
A sección de Conclusións debe resumir brevemente os principais achados da investigación a partir dos obxectivos. Tamén é importante presentar as implicacións e aplicacións dos resultados, as limitacións do estudo e as posibles áreas para futuras investigacións.
d) Táboas, cadros, gráficos, figuras e mapas: numeraranse consecutivamente con caracteres arábigos no texto, e incluirán un título breve e conciso e a súa fonte, podendo incluír notas aclaratorias antes da fonte. Deberán colocarse no texto principal o máis cerca posible da primeira vez que se citan.
e) Citas bibliográficas e referencias bibliográficas deben seguir as normas incluídas no Manual de publicación da American Psychological Association (APA), 7ª edición. Así mesmo, recoméndase utilizar estes estándares como manual de estilo para a redacción de los manuscritos. Recoméndase o uso dun programa de xestión de referencias como: Mendeley (https://www.mendeley.com/downloads) , Zotero y End Note web entre otros. Todas as referencias deben incluir o doi cando sexa posible. A puntuación e a orde axustaranse aos seguintes modelos:
– ARTIGOS EN REVISTAS:
Tödtling, F., Skokan, K., Höglinger, C., Rumpel, P., & Grillitsch, M. (2013). Innovation and knowledge sourcing of modern sectors in old industrial regions: Comparing software firms in Moravia-Silesia and Upper Austria. European Urban and Regional Studies, 20(2), 188-205. https://doi.org/10.1177/0969776411428498
– LIBROS:
Haile, L., Gallagher, M., & Robertson, R. J. (2015). Perceived exertion laboratory manual: From standard practice to contemporary application. Springer. https://link.springer.com/book/10.1007/978-1-4939-1917-8
– CAPÍTULOS DE LIBROS:
Cepilovs, A. (2014). Public procurement for innovation in small states. The case of Latvia. En F. Decarolis & M. Frey (Eds.), Public procurement’s place in the world. The charge towards sustainability and innovation (pp. 93-130). Houndmills, England: Palgrave/Macmillan. https://www.springer.com/jp/book/9781137430632
Edler, J., Georghiou, L., Uyarra, E., & Yeow, J. (2015). The meaning and limitations of public procurement for innovation: A supplier's experience. En C. Edquist, N. Vonortas, J.M. Zabala-Iturriagagotia & J. Edler (Eds.), Public procurement for innovation (pp. 35-64). Cheltenham, England: Edward Elgar.
– COMUNICACIÓNS:
Campón, A., Baptista, H., & Hérnandez, J. M. (2009). El marketing relacional en el sector turístico. El caso del turismo rural: un enfoque teórico. En F. J. Cossío Silva (Coord.), Administrando en entornos inciertos: XXIII Congreso Anual AEDEM. Sevilla, 3-5 de junio de 2009. Madrid: ESIC. https://idus.us.es/xmlui/handle/11441/77758
– WORKING PAPERS:
Belloni, A., Morgan D., & Paris V. (2016). Pharmaceutical expenditure and policies: Past trends and future challenges. OECD Health Working Papers, 87. Paris, France: OECD. https://doi.org/10.1787/5jm0q1f4cdq7-en
– LEXISLACIÓN:
Ley 6/1998, de 13 de abril, sobre régimen del suelo y valoraciones. Boletín Oficial del Estado, Nº. 89, de 14 de abril de 1998, pp. 12296-12304. Madrid: Jefatura del Estado. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1998-8788
CAMBIOS NA AUTORÍA
É responsabilidade do autor de correspondencia asegurarse de que toda a lista de autores se inclua correctamente no formulario de envío online. Calquera cambio na lista de autores, incluída a eliminación ou adición de calquera autor, entre o envío inicial e a aceptación, requirirá do acordo por escrito de todos os autores no caso de que o manuscrito sexa considerado para a súa publicación. Os novos autores tamén deben confirmar que compren plenamente cos requisitos de autoría da revista. Non se permitirán cambios de autoría (adición ou eliminación) unha vez que o manuscrito fose aceptado para a súa publicación.
SECCIÓNS COMPLEMENTARIAS E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS
A modo de seccións complementarias, e dependendo da dispoñibilidade de espazo e doutros recursos editoriais, a Revista Galega de Economía tamén poderá publicar textos co seguinte carácter e requisitos:
NOTAS BREVES: Textos referidos a aspectos puntuais dunha investigación en curso.
Características: máximo 4.000 palabras, excluíndo anexos e bibliografía.
Protocolo de avaliación: O procedemento de avaliación é o mesmo que o que se describe para os artigos, aínda que só se solicita un informe.
BOAS PRÁCTICAS EDITORIAIS EN MATERIA DE IGUALDADE
Recoméndase o uso de linguaxe inclusiva e non sexista. Os autores poden consultar respecto diso a seguinte guía elaborada pola ONU: https://www.un.org/en/gender-inclusive-language/guidelines.shtml
Co fin de axustarse ás Boas Prácticas Editoriais en Materia de Igualdade que segue a revista, solicítase aos autores que se informe no artigo, cando sexa relevante, se os datos de orixe da investigación teñen en conta o xénero, co fin de permitir a identificación de posibles diferenzas.