Contido principal do artigo

María Nereida Cea Esteruelas
Universidade de Málaga
España
https://orcid.org/0000-0002-7733-9366
Biografía
Vol 5, Artigos
DOI https://doi.org/10.15304/marco.5.6332
Recibido: 09-10-2019 Aceptado: 23-12-2019 Publicado: 02-01-2020
Copyright Como citar

Resumo

As redes sociais xogan un importante papel na difusión de mensaxes, non só durante períodos electorais, senón tamén en toda estratexia de comunicación política. O obxectivo deste traballo é analizar a comunicación dos principais partidos políticos españois nas redes sociais dende o punto de vista dos estudos de recepción. Para elo analízase a resposta da audiencia ás mensaxes lanzadas polos partidos políticos durante un mes, en catro principais redes sociais (Twitter, Facebook, Youtube e Instagram). Para tal fin, utilízanse dúas métricas de análise: interacción e porcentaxe de engagement (entendido por tal o nivel de implicación, compromiso ou fidelidade da audiencia) que logran as mensaxes difundidas nas redes sociais analizadas.

As conclusións do estudo suxiren que a marca política Vox é a que logra maior visibilidade e impacto en redes sociais en España. Con respecto ao uso de redes sociais, no ámbito da comunicación política, Instagram consolídase como a de maior crecemento e a que maior viralidade logra dar ás mensaxes analizadas. Sen embargo, todavía non é a preferida polos partidos máis tradicionais, tal e como mostra o perfil baixo de actividade que manteñen nesta rede.

Citado por

Detalles do artigo