A satisfacción coa democracia no Perú: análise dende o perfil dos votantes de Peruano Por el Kambio e Fuerza Popular tras o ballotage das Eleccións Presidenciais de 2016
Contido principal do artigo
Resumo
O seguinte traballo ten como finalidade comprender, en xeral, os factores que inflúen na satisfacción e insatisfacción coa democracia no caso periano á luz da influencia dos resutlados da segunda volta electoral de 2016 -determinación do perfil dos peruanos a través do recordo de voto a ambos candidatos. Para o estudo do fenómeno, a investigación ten sido conducida dende a metodoloxía cuantitativa, centrándose na evidencia empírica cuxa base informativa son as percepcións cidadás sobre o funcionamento das institucións públicas, as valoracións dos líderes políticos, a confianza das institucións, valoración da situación económica actual, entre outras que avalían a calidade do sistema político e as cales foron recollidas na enquisa de opinión realizada polo Instituto de Opinión Pública da Pontificia Universidad Católica do Perú en outubro de 2016.