Revista académica electrónica de publicación anual, incluída dentro da plataforma rev{USC}, dedicada á publicación de traballos académicos e científicos, con especial referencia a Galicia e ao cuadrante NO da Península Ibérica, organizados en tres seccións (Artigos, Noticiario Arqueológico de Galicia e o NO Peninsular, Recensiones) sobre os ámbitos científico-profesionais da Prehistoria, Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática, Historia Antiga e Etnografía.
A revista, de periodicidade anual, aparece indexada en APH, REGESTA IMPERII, ERIH PLUS, CIRBIC, DIALNET, LATINDEX, ISOC, REBIUN, ULRICH’S DIRECTORY, MIAR.
No índice RESHGallaecia sitúase, no período 2005-2009, no posto 13 de 89 entre as revistas españolas de Arqueoloxía e Prehistoria de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación e para calculala tivéronse en conta as citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science.
O portal dixital de Gallaecia aparece en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, español, francés, inglés, alemán e italiano.

Novos xacementos arqueolóxicos na provincia de A Coruña

  • Samuel Nión Álvarez
  • Helena López Gómez
  • Verónica Silva Alvite
  • Martín Rivas Vázquez
  • Diego Babarro González
Publicado 15-03-2023

O seguinte artigo expón os resultados de maior interese obtidos en dous proxectos de prospección arqueolóxica realizados na provincia de A Coruña. Ambas intervencións tiñan como obxectivo documentar ou revisar distintos emprazamentos susceptibles de acoller un xacemento arqueolóxico, combinando técnicas baseadas na creación de Modelos Dixitais do Terreo a través de Sistemas de Información Xeográfica, coa prospección superficial en campo realizada con metodoloxía arqueolóxica.


Nesta liña, a través desta publicación preténdese expoñer os resultados obtidos nestas intervencións, ao mesmo tempo que se amosa a efectividade desta combinación entre campo e PC.


 


The aim of this paper is to expose the principal results of two archaeological surveys that took place in A Coruña. The main intention of both projects was to locate different places liable to accommodate an archaeological site. In order to do so, we have employed several visualization techniques created using GIS software, combined with surveys on the archaeological terrain using archaeological methodology.

Novos xacementos durante os traballos de xeolocalización e delimitación arqueolóxica de Galicia: O caso do Lote 4 (comarcas de Ordes e Compostela)

  • Samuel Nión Álvarez
  • Verónica Silva Alvite
  • Andrea Mouriño Schick
Publicado 15-03-2023

O seguinte artigo expón os novos xacementos arqueolóxicos documentados no marco da intervención “Prospección arqueolóxica para xeolocalizar e delimitar os xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia”. Se ben esta intervención tiña como obxectivo a delimitación efectiva daqueles xacementos xa coñecidos, dentro do seu marco se aplicaron distintas técnicas de teledetección que permitiron localizar unha cantidade considerable de bens arqueolóxicos ata agora descoñecidos. Nesta publicación, realizaremos unha primeira aproximación a estes novos xacementos documentados nas comarcas de Ordes e Compostela, zona na que foron realizados os traballos do equipo técnico que aqui asina.


 


The following paper presents the new archaeological sites exposed during the survey “Prospección arqueolóxica para xeolocalizar e delimitar os xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia”. While it is true that the main objective of this archaeological actuation was to locate already known sites, within its framework was possible to develop several teledetection tecniques using GIS software. These tecniques allowed us to locate a considerable amount (72) of unknown archaeological sites. In this paper, a first approach of these new sites will be proposed, focusing on Ordes and Compostela shires.

La Chanica d’Arriba, un campamento militar romano temporal en el valle del río Eria (León)

  • Andrés Menéndez Blanco
  • João Fonte
Publicado 15-03-2023

En el año 2018 se localizaron los restos de un nuevo campamento militar temporal romano en Castrocontrigo/Castru, en la comarca leonesa de La Valdería. Se presentan la metodología utilizada para su documentación y la descripción de las evidencias reconocidas con el fin de integrarlas en los debates académicos. Asimismo, se formulan algunas hipótesis provisionales para su contextualización cronológica y funcional dentro de los siglos iniciales de presencia militar romana en el noroeste ibérico.

AVANCES EN EL CONOCIMIENTO DE LA PRESENCIA MILITAR ROMANA EN LA SIERRA DEL ESCUDO: ESTUDIO PRELIMINAR DEL COTERO DE LAS MINAS (CANTABRIA)

  • Víctor Vicente
Publicado 15-03-2023

Este trabajo tiene como objetivo presentar El Cotero de las Minas (Corvera de Toranzo y Arenas de Iguña, Cantabria), un recinto fortificado hallado recientemente en la Sierra del Escudo mediante el uso de técnicas de teledetección. La localización de este yacimiento, sus características morfológicas y el análisis de su entorno nos permiten plantear la hipótesis de que se trata de un establecimiento militar romano del tipo -castra aestiva- que puede relacionarse con el Bellum Cantabricum (29-19 a.C.).

Vol 38 (2019)

Publicado: 2020-04-27

Táboa de contidos

Profesor José Manuel Caamaño Gesto. In memoriam

  • María Raquel Casal García
Publicado 27-04-2020
Páxinas pp. 5-7

Novos datos sobre a arte rupestre no Miño litoral. O concello de As Neves (Pontevedra)

  • Xurxo Pereira Martínez
  • Ramón Fábregas Valcarce
Publicado 27-04-2020
Páxinas pp. 9-32

Materiales inéditos del asentamiento fortificado de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras, Ourense)

  • Carlos Tejerizo García
  • Agustina Scaro
  • Eduardo Daflon
Publicado 27-04-2020
Páxinas pp. 71-102

La talla de madera policromada “San Bernardo” del Museo de Belas Artes de A Coruña. Estudio integral de la pieza.

  • María Vanesa Mariño Calvo
  • Oscar Lantes Suárez
  • María Antonia Domínguez Lago
  • Laura Carrera Nogueiras
  • Filomena Dorrego Martínez
  • Rosa Ana Vázquez Ruiz de Ocenda
  • Ignacio García González
  • Jose Daniel Barreiro Vázquez
Publicado 27-04-2020
Páxinas pp. 103-126

As Fachas de Vilelos. Antropoloxía dunha festa do lume

  • Rosa Brañas Abad
Publicado 27-04-2020
Páxinas pp. 127-152
Ver todos os números