Main Article Content

Francisco Alonso Toucido
Alumno de Master en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade, Departamento de Historia I, Fac. Xeo. e Hª, USC.
Spain
María Pilar Prieto Martínez
Departamento de Historia I, Fac. Xeo. e Hª, USC
Spain
Álvaro Rodríguez Resino
Doctor en Arqueoloxía, USC
Spain
Vol 32 (2013), Articles
DOI: https://doi.org/10.15304/gall.32.1484
Submitted: 04-11-2013 Accepted: 29-01-2014 Published: 11-07-2014
Copyright How to Cite

Abstract

Preséntanse os resultados do estudo de materiais medievais e postmedievais da escavación realizada na rúa do Franco nº 31, en Santiago de Compostela. O xacemento consiste nun conxunto de silos de almacenamento escavados na rocha, de cronoloxía medieval e unha serie de niveis superiores postmedievais; escavados nunha intervención arqueolóxica de urxencia realizada en 2011. Mediante o estudo aportamos novos datos tipolóxicos sobre cerámica medieval e postmedieval galega, así como aspectos relacionados coa fabricación da mesma, afondando nas formas e as decoracións, pero tamén no tratamento técnico das pastas. Mentres que a cerámica medieval parece de producción local a moderna ofrece unha maior variedade de centros de producción, maioritariamente foráneos. Así mesmo formúlase, a partir dunha análise de contexto e de paralelos cerámicos que a fase medieval poderíase encadrar no século XII, mentres que a fase moderna correspondese co século XVII. Este estudo é unha aportación interesante dado que a investigación nestes campos está escasamente desenrolada na arqueoloxía galega.

Article Details

Most read articles by the same author(s)