Resumo

O humanismo ainda non ten esgotadas tódalas posibilidades de interpretación e desenrolo. Nin a antiga visión renacentista ou clásica do humanismo nin a máis moderna visión positivista ou científico-técnica encaixan na visión da escola do humanismo médico galego. Neste traballo, tras un breve percorrido polos sentidos do humanismo ao longo da historia, situaremos a Rof Carballo como un dos alicerces da visión filosófica ou socrática do humanismo médico. Para iso partiremos do feito de que a súa obra pode dividirse en tres etapas e non só en dúas, sendo a última de carácter eminentemente filosófico; e de seguido recolleremos tres notas da súa visión filosófica do humanismo, o que leva a definir a súa Antropoloxía médica, teoricamente, fronte ao positivismo médico; emocionalmente, fronte ao humanismo renacentista, e practicamente, fronte á actitude meramente compasiva.