Contido principal do artigo

Marta Veiga Izaguirre
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0001-8987-3868
Vol 42 No 1 (2023), Estudos
DOI https://doi.org/10.15304/ag.42.1.8363
Recibido: 30-03-2022 Aceptado: 31-05-2022 Publicado: 03-01-2023
Copyright Como citar Citado por

Resumo

Marcial Gondar Portasany, Xaquín Serxo Rodríguez Campos e Xosé Ramón Mariño Ferro contribuíron a desenvolver a antropoloxía como disciplina académica en Galicia no entanto eles mesmos se convertían en antropólogos. Este proceso acontece coa fin do franquismo e ao inicio dunha certa descentralización política e benefíciase da implantación por primeira vez dunha materia de Antropoloxía na USC en 1975. Deste xeito, tiraron proveito do aquí e do agora para desenvolver a súa etnografía. Sobre a morte e o dó, a antropoloxía aplicada, sobre todo no ámbito da saúde, o cambio social e a identidade (Gondar); a identidade e a etnicidade, a etnolingüística e a antropoloxía do desenvolvemento local, o patrimonio e o turismo (Rodríguez Campos), e a medicina popular, as expresións simbólicas e rituais de Galicia, os contos marabillosos e a literatura oral (Mariño Ferro). A suma das traxectorias dos tres constrúe en Galicia unha antropoloxía académica do nós.