Resumo

Neste artigo facemos un percorrido polo camiño que a antropoloxía fixo nos seus inicios polos museos até que os abandonou, abandonando tamén o interese pola cultura material. Faremos este mesmo camiño para revisar a relación histórica entre os chamados museos etnográficos e o desenvolvemento da etnografía e antropoloxía en Galicia, unha relación necesaria para crear os mecanismos para a representación de imaxes identitarias, rematando este camiñar no Museo do Pobo Galego como museo etnográfico de referencia