Introdución
En Galicia existe, na cultura pública, unha asociación do ‘rural’ cun imaxinario do declive e o abandono, dun país baleiro e illado. Hai textos claves que dialogan con este imaxinario dos espazos rurais “baleiros” no contexto de España e doutros países en varias épocas diferentes (, ; ). Desde a segunda metade do século XX, en Galicia este imaxinario aludía a datos demográficos e económicos, como o avellentamento da poboación, o despoboamento ou a redución da produción primaria agropecuaria (). Tamén se sabe que hai diferenzas importantes entre o carácter e o impacto destes procesos nos lugares específicos. Na busca desa particularidade téñense utilizado tres categorías para poñer énfase nas distincións entre parroquias que están máis ou menos illadas dos espazos urbanos: os “espazos rurais integrados” que están preto das cidades e “periurbanos”, os “espazos rurais intermedios” que serían vinculados ás vilas e os “espazos rurais periféricos” ().
Ese imaxinario prolongado de espazos presuntamente “baleiros” e aldeas “marxinadas” tocan cuestións existenciais concernentes ao mundo do capitalismo neoliberal que acadaron unha maior urxencia á marxe da dicotomía rural/urbano, coa crise de 2007-2009, coa pandemia de COVID-19 e coa crise climática. O antropólogo existencialista Michael Jackson ten subliñado que deberíamos prestar atención etnográfica a como as persoas viven a inestabilidade a través dos seus corpos e por medio de sentidos, prácticas, metáforas, narrativas, e outros recursos ().
Cando se pensa nos “éxodos rurais” de varios momentos históricos é importante non caer nunha oposición simplista que defina os espazos rurais fronte aos urbanos. Nos dous casos, as desigualdades de sustento están producidas pola diferenciación de clase, xénero, etnia, idade, localidade, nacionalidade e outros. Hai tamén que ter en conta o labor non-remunerado ademais do labor pagado, os vínculos entre os lugares rurais e urbanos e as mobilidades. chama a atención sobre o feito de que a distinción entre o labor e o traballo nas ciencias sociais non coincide coa comprensión da unidade do esforzo humano na maioría das culturas e linguas. Neste ensaio, aínda que emprego ‘traballo’ nalgunhas locucións, utilizo o termo ‘labor’ para reforzar tanto o binomio entre o labor pagado e o labor reprodutivo e non remunerado como o feito de que os dous tipos de labor son imprescindibles para o sustento de quen os fan. Atendendo ao rexistro demográfico en moitas aldeas galegas, máis que nunca é importante centrarse na etnografía do sustento e das varias formas de labor que experimenta o proletariado do rural galego xunto co doutros contextos.
Este ensaio pretende dous obxectivos relacionados. O primeiro, reflexionar sobre o feito de que moitos dos dados etnográficos compilados en Galicia entre as décadas de 1970 e 1990 e incluso despois conteñen detalles importantes para pensar nos debates que son agora urxentes sobre a precariedade no emprego e noutras actividades ‘produtivas’ e na reprodución social. En segundo lugar, argumento que é imprescindible seguir prestando atención ás formas do sustento actuais no medio rural galego, utilizando as perspectivas ‘clásicas’ da etnografía galega sobre a casa e os sistemas de axuda estendéndoas a outros puntos de análise. Para desenvolver esta liña argumentativa, apoiareime en tres piares básicos: unha revisión dos debates recentes sobre a precariedade económica que reforzan a importancia do enfoque feminista sobre a reprodución social; unha reflexión sobre o labor e a precariedade durante o século XX no medio rural galego, cun repaso á etnografía que fixen sobre o concello de Zas e, para finalizar, un esquema dunha antropoloxía do sustento no medio rural para a época actual.
A precariedade do sustento
O termo ‘sustento’ reforza como ‘a produción económica’ e ‘a reprodución social’ son inextricables (). Na teoría da economía política feminista úsase o concepto de ‘reprodución social’ para indicar a reprodución das persoas a través dos días, dos anos e das xeracións (). A produción económica está asociada cos salarios e beneficios, coa produción do valor sobrante do capitalismo, coa ‘financierización’ e coas medidas como o Produto Interior Bruto dos países, mentres que a reprodución social e o labor reprodutivo son igualmente importantes para estudar ‘a economía’. Aínda que hai os empregados asalariados que fan o labor ‘doméstico’ –incluíndo os coidados– tales actividades comprenden con máis frecuencia o labor reprodutivo non remunerado. Antropólogas feministas como teñen mostrado a importancia continúa da unidade social formada pola ‘casa’ e a imposibilidade de entender a economía só a través dos individuos. explican que estes labores “manteñen e reproducen as persoas” dentro e fóra das casas. engade que a teoría de reprodución social explica que “o labor humano está na base da creación ou da reprodución da sociedade” e entón sirve para “facer visible o labor e o traballo que son ocultados en termos analíticos polos economistas clásicos e negados en relación coa política polos lexisladores”.
Varios antropólogos e outros investigadores participaron nos debates teóricos sobre o crecemento do emprego precario e da precariedade xeral a causa dos efectos do neoliberalismo dende a década de 1970 (; ; ; ;). Outros autores subliñan que a precariedade económica –falta de emprego, predominio da pobreza e formas informais de gañarse a vida– xa estaba presente na maior parte dos países con anterioridade. Karl Marx e outros teóricos investigaban a precariedade, a inestabilidade, e a pobreza como características da proletariazación no século XIX (). Moita xente alternaba o emprego e o desemprego en ciclos económicos con bruscos altibaixos; ao lado do crecemento do emprego, producíanse importantes bolsas de “poboación sobrante relativa” desempregada ou que tiña poucas horas do emprego á semana (). Tales circunstancias non están tan afastadas da realidade actual ().
O debate sobre a "precarización" deriva do activismo político ademais das investigacións científicas. O activismo contra da "precarización" denuncia a marxinalidade creada polo desemprego e o emprego precario e esixe cambios nas políticas nacionais e globais, atendendo aos factores como o xénero (). No caso do Norte Global apúntanse varios cambios durante as últimas catro décadas: o crecemento de empregos a tempo parcial, dos contratos de traballo temporal e o uso de empresas de traballo temporal; o subemprego; os niveis altos de desemprego, ás veces; o declive da fabricación e o crecemento dos sectores de servizos e do coñecemento; a redución na proporción de traballadores afiliados aos sindicatos; o declive nos salarios reais; a privatización de institucións públicas e unha redución nos servizos e nos beneficios públicos (; Ferguson, 2017; ; ). No caso do Sur Global as empresas multinacionais empezaban a mover a fabricación, os servizos como centros de contacto e o labor asociado co “capitalismo de plataformas” cara aos países con salarios moi baixos e moitas veces con condicións lamentables de emprego (; ; ).
Como explica , os teóricos falan de ‘economía informal’ no contexto do Sur e de "precarización" para o Norte pero, en ambos casos, sinalan elementos de marxinalidade, pobreza e inseguridade. Na década de 1970, empezouse a utilizar o concepto de economía informal para indicar que a maioría da xente no Sur Global non tiña emprego estable e vivían de actividades variadas: postos nas feiras, venda ambulante, artesanía e clasificacións dos residuos nos vertedoiros (). Na análise da "precarización", hai tamén unha énfase na precariedade en xeral vinculada coa pobreza, co desemprego e cos traballos precarios, coas persoas sen fogar e o illamento social (). pon énfase nos “déficits no coidado” creados pola necesidade das casas nas que os adultos teñen moitas horas de emprego e non contan con servizos sociais ou beneficios públicos que poidan paliar a súa ausencia. Isto produce que a xente con medios suficientes pagan a xente para facer o seu labor doméstico e do coidado mentres que as persoas sen posibilidades económicas vense obrigadas a reducir os seus tempos para a reprodución.
A precariedade na Galicia
Galicia é un dos sitios na Europa do Sur onde existían varios elementos de precariedade económica no pasado e no presente vinculados ao desemprego, o emprego con contratos non fixos ou tempo parcial e o subemprego, temas transmitidos nos medios de comunicación (; ; ). Que a precariedade non sexa unha novidade no caso de Galicia, e outros sitios como Portugal, non reduce a importancia dos seus efectos na época actual (; ).
Nas investigacións en Ferrol após da reestruturación dos estaleiros, Susana Narotzky e Irene Sabaté analizan as tensións que emerxen cando os pais se senten obrigados non só a axudar co coidado dos netos senón tamén a contribuír aos gastos básicos dos fillos adultos (; ). Esta estratexia é insostible a longo prazo pois eses fillos actuais non terán todos a futuro as pensións de xubilación como obreiros de seus pais nin patrimonio inmobiliario (; ). A organización do emprego industrial en Ferrol crea problemas para a igualdade de xénero na vida doméstica; por exemplo, cando as quendas cambian cada semana ou hai chamadas ao traballo durante os fins de semana e as vacacións (; tamén). Aínda que moitos homes recoñecen a importancia de facer eles máis labor reprodutivo na casa que nas épocas previas, moitas veces non teñen opcións. Os xefes non lles deixan coller máis que dous días non pagados ao ano; os quince días de excedencia por paternidade non é suficiente e ademais algúns deles non os collen por culpa das actitudes na empresa (). Nun contexto de altas taxas de desemprego e de emprego precario, a prioridade do emprego seguro afecta ás relacións laborais diarias ademais de á política sindical (; ). Sabaté Muriel introduce o concepto da “precariedade do tempo” para levar ao cabo o labor reprodutivo (). Este labor inclúe o traballo agrícola que houbo que manter, por exemplo, durante as folgas da década de 1970 ().
Fai falta examinar os mesmos tipos de situacións no medio rural galego hoxe en día. No caso das aldeas, a memoria social da precariedade do século pasado, dos amaños entre parentes que facían posibles a reprodución das casas, do papel das “axudas” entre veciños e das loitas políticas para acceder os servizos públicos, teñen un papel hoxe nos debates sobre os impactos da "precarización" e dos mellores remedios para reducir a precariedade do sustento.
A precariedade económica durante o século XX no medio rural galego concrétase nos exemplos diversos do emprego precario e das outras formas do labor informal, nalgúns casos non tan distinto do sistema de supervivencia do século anterior. Pero hai que recoñecer que, a pesar da reactividade das estratexias para sobrevivir coa precariedade nos anos recentes, non quita do feito de que houbo anteriormente unha ruptura cos anos ‘de fame’ dos principios do século XIX cando os galegos do medio rural experimentaban importantes ganancias na calidade de vida. situou a etnografía do “campo galego” na análise do capitalismo e analizou a situación das poboacións rurais que se serven das “reservas de man de obra barata” e dos “marxinados do mercado de traballo na vida urbana” ademais das poboacións dos xubilados. Atendendo ao meu propio traballo de campo na Galicia, os datos do concello de Zas revelan formas de profunda precariedade nas vidas do proletariado rural galego durante unha parte moi significativa do século XX.
O labor e a precariedade no concello de Zas
Na década de 1990, entrevistei a habitantes de Santiago de Carreira e doutras freguesías no concello de Zas (A Coruña) que tiñan entre 40 e 90 anos sobre o tema xeral do sustento durante as súas vidas. Pódese deducir destas entrevistas que estaba normalizada a precariedade xeral da vida diaria, a insuficiencia do emprego local e doutras formas do labor pagado para cubrir o sustento, así como a importancia do labor non-remunerado da reprodución social dentro e entre as casas e as varias formas da mobilidade xeográfica asociadas co labor. Non só seguía sendo a casa unha unidade social moi significativa senón que tamén eran imprescindibles os vínculos de axuda entre veciños, parentes e amigos da mesma aldea ou entre casas das parroquias próximas. Nalgúns casos, estas redes de axuda mantíñanse nas vilas e cidades galegas así como nos sitios da emigración. A memoria social neste concello, como noutros, foi dunha transformación das experiencias frecuentes de pobreza, de fame, de inseguridade e dunha falta de opcións económicas cara a posibilidade de vidas máis dignas (; ) que viñeron coa expansión do sistema de Seguridade Social, coas opcións da educación e cos salarios relativamente altos que se podían gañar noutros países e lugares.
Un bo exemplo do emprego precario resulta o dos criados/as e xornaleiros/as. Moita xente maior empezaba traballando nas casas dos veciños cando eran nenos durante a primeira metade do século XX (). A maior parte do soldo era en forma de comida diaria e unha pouca roupa e zocos cada ano. Nas casas que contrataban aos nenos facía falta a man de obra para levar a cabo as tarefas de labranza e/ou domésticas. Coma noutros contextos de labor precario, os xornaleiros moitas veces non sabían se ían ter emprego de día a día ou de semana a semana, cobraban un pequeno salario ao día as veces composto de comida ademais de diñeiro e non tiñan poder para negociar o salario. Dúas informantes explicáronme que, durante os momentos máis precarios nas casas dos labregos, os xornaleiros eran pagados só con comida –touciño e broa– sen percibir ningún diñeiro. Cando a xente maior me contaba as súas experiencias, usaban frecuentemente varios refráns como: “Qu’o ben querer, queridiña,/vaiche no tirar do caldo:/para todos vas ó fondo/e pra min andas nadando”. Este refrán indica o grao de precariedade que existía.
Ademais de criados e xornaleiros, o proletariado rural galego compoñíase de persoas que facían traballo asalariado e tiñan oficios (carteiros, canteiros, tratantes, carpinteiros, costureiras, xastres, zoqueiros, ferreiros ou panadeiros) ou pequenas empresas familiares (tabernas, fábricas de madeira ou salóns de peiteado) (; ; ; ). O proletariado rural incluía tamén a xente xubilada que desempeñaba outras formas de labor durante anos. As casas que tiñan terreos –propios ou arrendados– cultivaban as hortas e as leiras e criaban animais para o autoconsumo; outras vendían leite, gando e outros produtos (). Ata a década de 1970, era necesario vender produtos como o trigo, as galiñas e os ovos, produtos que non se podía comer habitualmente ata finais do século (). Como no caso doutras zonas con historias de precariedade non se pode falar da clase social en termos sinxelos si se toma en conta o nivel da “casa” e non só dos individuos ou nas alternancias entre varios tipos de emprego e o desemprego (). As casas estaban compostas de xente que facía varias formas de labor. Moita xente tamén alternaba entre o emprego e outras formas do sustento, en parte por culpa dos niveis altos de desemprego, dos contratos cortos e incluso ‘do xornal’ ademais da importancia dalgunhas persoas que se dedicaban ás actividades vinculadas ao autoconsumo. No caso que nos ocupa, moitos dos habitantes que eran de casas sen terra ou que herdaron pouca terra marcharon permanentemente aos países nas Américas. Os outros traballaban por algún tempo en sitios como Suíza para poder mercar terra ().
Entre os meus datos sobre as vidas das cohortes que naceron durante a primeira metade do século XX, anotei moitos exemplos de como os individuos compartían as tarefas do sustento, tanto no labor pagado como no labor non remunerado da reprodución social. Os patróns que se repiten dan unha idea da precariedade económica desta época que permanece viva na memoria. Estes patróns sinalan tamén elementos para investigar ata entender as bases do sustento das casas rurais actualmente.
- 1)
Foi frecuente durante a primeira metade do século que as nenas e nenos traballaran na casa e como criados nas casas dos veciños cando seus pais non tiñan como asegurar a comida e a roupa para todos os fillos (). Os nenos traballaban na labranza e as nenas conxugaban este traballo ademais das tarefas domésticas que daquela incluía coidar aos nenos máis pequenos, traer auga á casa, lavar a roupa no río e traer leña á casa para cociñar. Os nenos e as nenas tamén levaban os animais miúdos −ovellas e cabras− ao monte.
- 2)
As mulleres tamén facían varios tipos de labor precario a pesar de que as estatísticas oficiais non rexistraban a maioría do emprego informal das mulleres (). Traballaban de criadas e a xornal na labranza e tamén en oficios como o de costureira – ambulantes ou en talleres propios– no que era frecuente que houbese aprendices. Nas décadas de 1980 e 1990, traballaban tamén nas súas casas para as empresas grandes ().
- 3)
Moitos homes traballaban por xeracións na zona nos oficios tradicionais como os de canteiros, carteiros e carpinteiros o que lles deu experiencia para, despois, traballar na construción noutros lugares de Galicia, España ou outros países.
- 4)
Os homes e as mulleres aproveitaban as novas oportunidades de gañar diñeiro na zona, como cando abriu unha mina de volframio no concello lindeiro de Santa Comba (que funcionou de 1942 ata 1963). Algúns traballaban oficialmente nesta mina e outros traballaban de forma clandestina, vendendo o mineral aos intermediarios (; ). Na segunda metade da década de 1990, varias mulleres aprenderon a ser tecelás de liño para vender pezas nas feiras, unha artesanía que recuperaba a historia local de plantar o liño para facer a roupa ().
- 5)
Ata os anos 70 a inestabilidade e os salarios baixos na zona facían necesario que a maioría das casas dependeran da venda dalgúns excedentes agrícolas −ovos e leite− e gando.
- 6)
As mulleres sempre fixeron a maior parte do labor reprodutivo nas casas, incluíndo a labranza e o gando para o autoconsumo así como o coidado dos fillos ou de persoas dependentes na casa. Tal circunstancia dábase, por exemplo, no caso de que os varóns estivesen traballando fóra da zona ou cando outros membros da casa non podía asumir as tarefas asociadas á vida rural por mor de factores puntuais ou crónicos asociados á idade ou á enfermidade.
- 7)
As mobilidades xeográficas representaban un elemento a considerar do labor. Era habitual que as mulleres se desplazasen portando grandes pesos na cabeza por exemplo, as costureiras ambulantes que portaban o seu instrumento de traballo (). Moitos homes en particular, pero tamén as mulleres (), que ían traballar lonxe estaban ausentes durante semanas ou meses. Moitos veciños viaxaban xuntos, tanto camiñando como nos coches.
- 8)
A pesar da existencia dunha emigración masiva, continuaban en moitos casos a tradición de casas formadas por tres xeracións. Os soldos eran invertidos nas casas, nos terreos e nos medios de produción – tractores ou establos − (; ). Fóronse a outros países europeos coma Suíza ou a outras partes de Galicia e España (). Non só as nais se non incluso os avós coidaban dos netos mentres que os pais estaban fóra nos destinos de emigración (Roseman, ; ).
- 9)
Os homes facían bastante labor reprodutivo. Isto incluía o labor de coidar dos outros no caso de ser viúvos ou cando as súas donas estaban enfermas ou tamén o transporte de membros da unidade familiar e/ou veciñanza a realizar diferentes xestións normalmente vinculadas coa administración e a saúde (e.x. para visitar aos pacientes nos hospitais). Nos primeiros anos de 1990, era máis frecuente que os homes e non as mulleres tiveran carné de conducir.
- 10)
As axudas entre as casas eran importantes na década de 1990 pero menos que nas décadas anteriores cando non se podía facer unha casa sen o ‘carreto’ de veciños e había “fías” nas que as casas “fortes” de labregos con moitos terreos facían unha cea e un baile para a mocidade (; véxase ). Pero a xente dalgunhas casas “chamaban” aos veciños para tarefas como recoller a herba, plantar as patacas, a matanza e outras. A axuda seguía sendo máis importante para as casas que non podían pagar aos xornaleiros ou arrendar máquinas e que tiñan xente na emigración ou en caso de enfermidade. As relacións formadas polas axudas entre casas –tanto as “simétricas” como as “asimétricas”– eran importantes ao longo dos anos e incluso das xeracións (; tamén, ; ; ). Todo ese entramado social era imprescindible para manter equilibradas e cubertas as necesidades da comunidade. Había tamén formas de intercambio de comida e outros produtos entre xente da aldea e os parentes que vivían fóra; por exemplo, cando os da aldea criaban porcos para os seus fillos e estes traían outros tipos de alimentación e outros produtos aos pais. Os parentes que tiñan pisos nas cidades proveían importantes recursos de hospedaxe cando invitaban aos da aldea a quedar aló por uns días ou máis tempo cando tiñan alguén da casa ingresado no hospital, buscaban emprego, estudiaban ou para outros asuntos. Ás veces, os aldeáns axudaban co coidado dos netos, sobriños e outros nenos da familia extensa, sobre todo durante as fins de semana e as vacacións de verán. A cambio, os fillos voltaban á aldea cando podían para axudar aos pais.
- 11)
As casas dependían de varios ingresos da Seguridade Social, como o seguro de desemprego ou as pensións de xubilación e invalidez, sistemas que se expandiron na década de 1960 e, sobre todo, despois do comezo de democracia. A expansión do sistema de pensións de xubilación resultou nunha redución da precariedade das casas e da dependencia da xente maior respecto do labor dos fillos (). As mulleres empezaban a contribuír aos sistemas públicos de pensións entre as décadas de 1960-1990 se ben moitas seguían sendo dependentes dos homes e dos fillos. As mulleres cobraban menos que os homes por teren salarios máis baixos e máis empregos que non eran rexistrados formalmente, unha forma de diferenciación que segue sendo significativa (; ).
- 12)
A xente do medio rural tiña menos acceso aos servizos públicos da reprodución social que a dos espazos urbanos pero os servizos que había xogaban un papel moi importante. Un exemplo era o establecemento de institutos nas vilas próximas; así, a xuventude podía quedarse nas súas casas rurais en vez de desprazarse para ter a oportunidade de estudar nun instituto. A introdución da educación infantil tivo un impacto tamén, deixándolles ás nais, aos pais e aos avós máis tempo para facer outro labor. Pero a escola unitaria nunha parroquia pechou e os nenos desta aldea e doutras tiñan que ir a escola na vila. E había que desprazarse para acceder a varios servizos como realizar probas médicas ou consultar a especialistas.
- 13)
Unha forma de reprodución social era o labor voluntario de loitar por mellores servizos ou fondos para instalacións e proxectos de desenvolvemento económico e social así como o labor de facer as tarefas necesarias para levar a cabo tales proxectos. Por exemplo, reclamar unha mellor rede de camiños e estradas nas parroquias e das paradas de autobuses para os nenos das aldeas; conseguir fondos para organizar os sistemas da traída de auga ata as casas, a recolleita do lixo e a instalación de sistemas eléctricos de maior calidade (; ).
Conclusión. A continuidade de vellas estratexias ante novas condicións e ameazas: un esquema para a etnografía da precariedade no medio rural actual
A historia do sustento na Galicia rural é un exemplo da precariedade de longa duración, incluíndo os impactos severos que se deron co crecemento das formas de emprego precario nas décadas recentes, as políticas de austeridade dos gobernos e as reducións dos salarios reais e do poder dos sindicatos (). A ubicuidade da precariedade no pasado reclama a importancia de investigar as súas formas e impactos, así como prácticas de resiliencia e resistencia fronte a precariedade económica e ecolóxica. O compromiso da etnografía de acceder ás texturas da vida diaria e á base das experiencias humanas resulta nunha comprensión que dota de complexidade o punto de vista máis amplo das análises estatísticas (; véxase, ; ; ). O despoboamento e o avellentamento de moitas aldeas e o crecemento das vilas, asociado en parte coa burbulla inmobiliaria e financeira, son factores que chaman a atención sobre a necesidade de facer máis etnografía sobre o sustento do medio rural en lugares específicos (). Para concluír, ofrezo un esquema das cuestións que se poden seguir examinando, sinalados en investigacións realizadas nun pasado recente.
En 1983, Xaquín Rodríguez Campos ofreceu algúns argumentos que seguen sendo claves para o contexto da década de 2020. El chamou a atención sobre o fenómeno xeral de que na década de 1980 as “axudas” eran un “mecanismo adatativo dunha sociedade campesiña en transformación” (). En segundo lugar, os veciños actuaban en relación á necesidade dos veciños: “a obrigación de acudir ós carretos era máis estreita canto máis probe fora a familia da que se trataba” (). Finalmente, explica que as “axudas” creaban situacións para reducir o illamento para algúns veciños xubilados: “que xa non teñen gando nin traballan apenas os seus campos... buscan calquera disculpa para axudar a outros por evitar unha situación de illamento” ()
Seguindo os puntos sinalados por Rodríguez Campos, nesta segunda década do século XXI, é importante investigar a organización das e das axudas entre casas. Hai que anotar cando e como estas institucións sociais se adaptan e incluso se transforman con respecto ás novas circunstancias e cales son algúns dos efectos cando non se adaptan ou non teñen a capacidade suficiente para acomodarse aos retos especialmente duros. Hai que investigar se os veciños seguen a coñecerse tanto como antes e se relacionan con varias formas de axuda. Seguen sendo as axudas nas tarefas de labranza unha maneira de manter contactos sociais, semellante ás asociacións e outros grupos formais?
Para empezar coa casa, hai que seguir co estudo das súas composicións ademais das fontes monetarias e do labor que as sosteñen. Cantos individuos nas aldeas específicas viven nelas todos os días e cantos o fan exclusivamente durante as fins de semana ou menos veces ao ano?
A antropoloxía sobre os tipos de herdanza sigue sendo importante no contexto do estudo da reprodución social; hai cambios nas relacións e na división do labor social reprodutivo en termos de xénero e de idade? Poden ser a base de conflitos, abusos ou violencia dentro das casas? Que papel segue xogando o sistema tradicional da herdanza desigual (“a millora”), incluíndo os cambios xa apuntados nas relacións entre os xefes da casa e os seus herdeiros e os cónxuxes dos herdeiros (; ; ; ; , ; ; ; ; )?
Hai moitos fillos e netos que regresaron ás casas dos pais e sogros no medio rural nos últimos anos por culpa do desemprego, dos desaloxamentos, das débedas e da inflación tal como no caso dos residentes de Ferrol e doutras vilas e cidades en Galicia (; )? No caso dos retornados ao medio rural, cal son as diferenzas no labor reprodutivo nos casos dos que viven sós fronte as casas multixeracionais? Como é a situación da xuventude que quere marchar pero non pode por diferentes razóns? Como no pasado, hai que ter en conta os ingresos dos salarios e das ganancias da labranza e doutros labores pagados, das pensións e doutras fontes da Seguridade Social, dos investimentos e quen fai as variadas tarefas do labor non remunerado.
A nosa etnografía debería analizar dunha maneira máis detallada que anteriormente a provisión de servizos e ingresos de diferentes niveis gobernamentais que contribúen á reprodución social das casas rurais. Isto faría posible estudar os impactos específicos dos cambios nas políticas da Seguridade Social. Por exemplo, que efectos terán os cambios na idade mínima para xubilarse con varias pensións?
Hai diferenzas significativas entre os varios tipos de emprego que ten a xente nos espazos rurais máis ou menos vinculados aos espazos urbanos, e no caso da xente rural de distintos xéneros e idades? Segundo o sindicato , o corenta por cento de traballadores tiveron “traballo precario” en España en 2020 sendo as mulleres e os inmigrantes os máis afectados (). Que detalles etnográficos hai ‘detrás da estatística’? Na Galicia rural actual, pódense estudar os papeis que xogan o emprego a tempo parcial, o emprego temporal, “o traballo gig” e o traballo a distancia. Hai que estudar máis os efectos do turismo, das rutas de peregrinación, e do sector patrimonial no rural, incluíndo a división do labor na hospedaría e na oferta gastronómica (;; ; ).
A etnografía da labranza segue sendo importante no caso de que se vendan os produtos ou cando se cultiva e coida o gando para o autoconsumo. As contribucións da xente de varias idades darán unha idea do papel da labranza na identidade e nas relacións dos xubilados ademais de na xente máis nova afectada polas alternancias entre o emprego e o desemprego. Neste momento de inflación nos prezos, sería de valor investigar os papeis económicos e simbólicas da comida caseira e comprada, os intercambios de comida entres parentes rurais e urbanos, e os procesos de homoxeneización da alimentación entre o rural e o urbano. Igualmente, hai que estudar os vínculos entre as vidas no rural e o medio ambiente empezando coas ameazas e impactos da crise climática sobre as estratexias de produción e reprodución.
As mobilidades xeográficas –que vinculan aos distintos lugares galegos (rurais e urbanos) e cos de migración– seguen sendo importantes para entender tanto o emprego como o labor reprodutivo (; ). Entón, sería importante documentar canto tempo ao día se desprazan os habitantes do medio rural para chegar ao emprego e aos servizos básicos, o custo e os medios de transporte –particular/colectivo; privado/público–. Outro factor para un entendemento etnográfico da situación sería o grao de control que teñen os empregados sobre os seus horarios.
Quen coida á xente maior das aldeas diariamente ou en casos de enfermidade? No rural, ademais dos da casa, que papeis xogan as coidadoras e coidadores profesionais, os parentes que viven noutros lugares e os veciños (véxase )? As mesmas preguntas son importantes no caso do coidado dos nenos. Hai unha continuidade do que houbo no pasado cunha contribución maior das nais que dos pais e un papel maior das avoas e dos avós ademais dos pais? Nos casos de parentes que viven noutros sitios, hai que entender o papel que xoga o coidado “a distancia” que estudian os etnógrafos da migración (). Hans Buechler e Judith-Maria Buechler describían o papel das videoconferencias, corenta anos despois de seus primeiros estudos, “seguindo a tradición dos emigrantes do pasado, persiste a estreita colaboración entre familiares galegos” (). Cando os galegos do medio rural din que falan “todos os días” cos parentes, refírense ás mensaxes de texto que intercambian ademais das chamadas? É importante ter en conta o labor reprodutivo de coidado que fan a través das novas tecnoloxías.
Ademais destas axudas no coidado que existen fóra dos vínculos entre casas da aldea, os estudos deberían seguir coa consideración “clásica” de canto e cando os veciños e outros se axudan co labor da labranza. No contexto de despoboamento rural máis avanzado comparado co pasado en moitas aldeas, ademais dos contratos de arrendamento, existe a práctica de deixar aos outros plantar os terreos sen cobrarlles como pasou noutras épocas? Están integrados nos intercambios entre casas os habitantes que teñen segundas vivendas rurais e os casos da xente chegada de fóra aos lugares rurais (; )?
Hai que pensar tamén no papel na reprodución social do activismo e do labor voluntario que se fai para os concellos, parroquias, sindicatos, asociacións ou grupos colectivos. Por exemplo, que papel está a xogar o labor voluntario para organizar tanto as festas parroquiais tradicionais como as festas novas? Outro campo de análise interesante sería a actividade política cando os habitantes do medio rural participan nas loitas pola xustiza –como chamadas xerais para acceso ao emprego viable, en contra da austeridade, en contra das estruturas patriarcas, e en contra das expropriacións da terra (e.x. polas minas) e proxectos como a construción de autoestradas, os encoros, e os parques eólicos, e loitas por recursos suficientes por vivir con ‘dignidade’ (; ; ; ). A pesar de ser o activismo máis frecuente nos espazos urbanos, hai unha historia importante da resistencia e da acción colectiva no medio rural (; Díaz-Geada, , ; ; ; ; ; ; ; ). Esta rama de etnografía mostra que as loitas do proletariado son non só entre os obreiros e os seus xefes, se non que son tamén loitas por todas as bases do sustento e das condicións de labor reprodutivo que inclúen a provisión de servizos e axudas públicas ().
Este ensaio reflexiona sobre a importancia de investigar as condicións, relacións sociais, e culturas da produción, reprodución social, e precariedade no rural galego nas épocas distintas, historias do labor e vida que forman unha parte da memoria social do sustento en lugares determinados ademais dunha base de estratexias que se utilizan nos novos tempos. As obras etnografías expoñen as prácticas diarias da supervivencia dos que viven en espazos rurais ademais das resistencias en contra das inxustizas e chamadas para cambios administrativos nos servizos á cidadanía e na explotación do labor e das terras rurais polas empresas privadas e outros.
Bibliografía
1
2
3
4
5
6
Bayona, Eduardo. “El mercado laboral comienza a despegar pero se mantiene la precariedad de los empleos”, Público, 16 de Agosto de 2021. https://www.publico.es/economia/precariedad-laboral-espana-supera-crisis-cantidad-sigue-empeorando-calidad.html.
7
8
9
10
11
Cabana Iglesia, Ana e Elena Freire Paz. “Vendedoras de barro: Mujeres rurales y los límites de «lo doméstico» a mediados del siglo XX” en Jornaleras, campesinas y agricultoras: la historia agraria desde una perspectiva de género. Teresa María Ortega López (Ed.), Zaragoza, Prensas de la Universidad de Zaragoza, 2015, 281-306.
12
13
14
15
16
17
19
20
21
Díaz-Geada, Alba. “Land consolidation, development and local resistance in rural Galiza during the Franco dictatorship (1939-1975)”, History and Anthropology. https://doi.org/10.1080/02757206.2021.1881080
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
Kelley, Heidi, e Kenneth A. Betsalel. “Teaching Galicia in Appalachia: lessons from anthropology, ethnographic poetry, documentary photography, and political theory” en Benita Sampedro Vizcaya e José A. Losada Montero (Eds.), “Rerouting Galician Studies: multidisciplinary interventions, London e New York, Palgrave Macmillan, 2017, 225-242
37
38
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
Sabaté Muriel, Irene “Getting by beyond work, or the intertwining of production and reproduction among heavy industry workers and their families in Ferrol, Spain”, en Susana Narotzky e Victoria Goddard (Eds.), Work and livelihoods: history, ethnography, and models in times of crisis, London: Routledge, 2017, 187-201.
78
79
81
Unión General de Trabajadoras y Trabajadores (UGT). “Cuatro de cada diez personas tienen trabajos precarios”, https://www.ugt.es/cuatro-de-cada-diez-personas-tienen-trabajos-precarios, 2 de enero, 2020.
82
83
84