O cadastro no sistema e posterior acesso, por meio de login e senha, são obrigatórios para a submissão de trabalhos, bem como para acompanhar o processo editorial em curso. Acesso em uma conta existente ou Registrar uma nova conta.
Condições para submissão
Como parte do processo de submissão, os autores são obrigados a verificar a conformidade da submissão em relação a todos os itens listados a seguir. As submissões que não estiverem de acordo com as normas serão devolvidas aos autores.
A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra revista (ou se proporcionou unha explicación en Comentarios ao editor)
O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autoras/es.
Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
Se o artigo inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Comentarios ao editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.
Diretrizes para Autores
1) Os traballos serán inéditos, e non poderán estar submetidos a avaliación simultánea noutra revista.
2) Aceptaranse traballos escritos preferentemente en galego, portugués en castelán.
3) Poderá usarse calquera das versións dos procesadores WORD para o sistema WINDOWS, ou ben para o sistema operativo de Apple-Macintosh.
4) A extensión máxima do traballo non sobordará as 9.000 palabras. O título do traballo, o texto, as notas ao pé de páxina e a bibliografía —de habela— escribiranse con letra Times New Roman de corpo 12; as citas con parágrafo á parte e sangrado escribiranse con letra Times New Roman de corpo 10.
5) Os artigos deberán ir encabezados da seguinte maneira:
• título do artigo: centrado, con maiúscula en letra grosa de corpo 12;
• nome e apelidos de autor/a: debaixo do título, centrado, con minúscula fina de corpo 10;
• universidade (ou centro) ao que pertence o/a autor/a: debaixo do nome, centrado, con minúscula fina de corpo 10;
• breve resumo do artigo: de extensión non superior a 150 palabras. Deberá ser conciso, informativo e intelixible, indicando as motivacións e os principais resultados e conclusión do traballo;
• palabras clave (máximo de cinco) do artigo;
• tradución do resumo al inglés (abstract);
• tradución das palabras clave ao inglés (keywords)
6) As citas curtas que non superen as tres liñas situaranse entre aspas dobres tipográficas («») no texto principal e levarán letra fina (nunca cursiva) de corpo 12. As citas máis longas colocaranse en parágrafo á parte, con sangría pola esquerda, con letra do cuerpo 10 e, se se desexa, tamén con aspas dobres tipográficas («»). Unha cita dentro doutra cita marcarase con aspas simples (‘’). 7) As notas ao pé de páxina comporanse cla opción específica do procesador de texto. 8) A sangría da primera liña dos parágrafos, tanto no texto como en notas no pé, farase coa opción específica do menú formato ou deseño de parágrafo; nunca se usará para este fin a barra espaciadora nin a tecla de tabulación. 9) Se se pon a bibliografía citada ao final do traballo, recoméndase que sempre que sexa posible se eviten as notas no pé da páxina, de maneira que as referencias se introduzan entre parénteses dentro do propio texto e de acordo con algún dos seguintes sistemas:
Ás veces os nomes dos autores citados poderán ir dentro do propio texto, e non entre parénteses. Véxanse estes exemplos:
10) Se no se pon a bibliografía citada ao final do artigo, darase sempre a referencia bibliográfica completa na primeira cita de cada traballo indicado en nota no pé de páxina seguindo un destes dous sistemas:
11) Logo da súa primeira aparición, os traballos que se volvan citar en nota a rodapé empregarán fórmulas do tipo de op. cit., ibidem, idem. Se, pola contra, se elixiu a fórmula de bibliografía citada ao final do traballo, usarase algún dos dos sistemas que se propoñen na norma 9. 12) En todo caso, sexa cal for o sistema de notas que se empregue, procederase sempre de maneira clara, coherente e sistemática. 13) No caso de se elixir a fórmula de bibliografía ao final do traballo, recomendamos que sexa encabezada pola palabra Bibliografía en letra grosa e centrada e que na relación de obras se siga a orde alfabética, empregando sempre letra minúscula. As fichas bibliográficas dos libros, artigos de revista ou colaboracións integradas en obras colectivas comporanse seguindo algún dos seguintes sistemas:
14) Os editores reservaranse o dereito de levar a cabo lenes alteracións nos traballos recibidos, coa única finalidade de corrixir erros mecánicos ou lingüísticos. De as modificacións precisas seren considerábeis, consultarase co autor ou autores para pedirlle(s) a súa aprobación.
Táboas e cadros
Realizaranse a dobre espazo, sen liñas verticais e numerados consecutivamente con caracteres romanos, levarán un encabezamento conciso, así como notas ao pé que expliquen os símbolos utilizados e as aclaracións necesarias, colocándose en páxinas numeradas separadamente a continuación das referencias bibliográficas. Non superarán as 20 columnas, salvo casos excepcionais, autorizados polos editores. Faranse referencias a elas no texto (Táboa I, Táboa II, etc.), indicando onde se desexa a súa colocación.
Ilustraciones
Os mapas, gráficos, debuxos, planos (sen enmarcar) e fotografías irán numerados consecutivamente en caracteres arábigos como: (Fig. 1, Fig. 2, etc.). En folla á parte farase constar unha relación numerada correlativamente, cos pés correspondentes. No caso d material histórico-artístico recoméndase que o pé sexa o máis completo posible, de maneira que se fagan constar datos como: autor, obra, edificio, lugar de localización e cronoloxía. O material gráfico dixitalizado debe cumprir as seguintes condicións:
• Debujos (planos, mapas, etc.): formato TIFF, tendo en conta que o proceso de dixitalización (escaneado) farase en liña ou mapa de bits (nunca en escala de grises) e cunha resolución recomendada de entre 600-1200 puntos por polgada (ppi).
• Fotografías: formato TIFF cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada (ppi).
Declaração de Direito Autoral
Ao publicar en Sémata, o/o autor/a-os/os autores/as cede/n todos os dereitos de explotación do seu artigo (incluíndo distribución, comunicación pública, reprodución e transformación) á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright e, por tanto, de todos os dereitos patrimoniais expresados, retendo o/o autor/a-os/os autores/as todos os dereitos morais que por lei lle corresponde/n (art. 14 TRLPI).
Sen prexuízo do anterior, e agás indicación contraria, todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa do titular do copyright, non sendo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl