Balance produción-consumo de alimentos na Galiza: aproximación dende a soberanía alimentar e a comercialización locaI
Contido principal do artigo
Resumo
Dende a perspectiva da soberanía alimentar analízanse os dados de produción-consumo na Galiza tomando como referencia as estatísticas oficiais do Ministerio de Agricultura e Pesca do estado español. Ademais realízase unha análise sectorial por bacías alimentares-comarcas naturais e grandes aglomeracións urbanas. Obtense un balance global positivo no producido na Galiza, con déficits parciais nos cereais gran e froiteiras. Os habitantes potencialmente autoabastecidos/as dentro da súa propia comarca (comercialización local) supera o 50% no caso dos cultivos forraxeiros, prados e pasteiros e tamén no viñedo. Máis do 60% en patacas e 70% se incluímos cultivos hortícolas e as leguminosas gran.