Contenido principal del artículo

Serafín J. González Prieto
SGHN
España
Núm. 15 (2019), Artículos originales, Páginas 43-55
Recibido: 17-02-2020 Aceptado: 17-02-2020 Publicado: 17-02-2020
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

Para fixar a posición e as peticións da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) en relación coas plantacións de eucaliptos, realizouse unha revisión bibliográfica sobre a súa alelopatía e invasividade, así como sobre os seus efectos na auga, a biodiversidade, os incendios e os solos. A búsqueda fíxose nas publicacións científicas incluidas no “Journal Citation Reports” coas palabras chave “eucalyptus” e “eucalypte(s)”, sen límite temporal pero, agás excepcións, restrinxida ao ámbito da Península Ibérica. En base aos resultados obtidos, SGHN considera que Eucalyptus globulus, e polo criterio de precaución as restantes especies do xénero, deberían incluirse no catálogo español de especies invasoras. SGHN considera asimesmo que se deberían: a) prohibir novas plantacións de eucaliptos en toda Galicia; b) eliminar os eucaliptos en todos os terreos de propiedade pública; c) eliminar todas as plantacións de eucaliptos feitas sen axustarse á normativa legal vixente; d) incentivar a eliminación de todos os eucaliptos nos espazos naturais protexidos; e) planificar unha redución progresiva das plantacións de eucalipto para garantir a súa erradicación nun horizonte temporal realista.

Detalles del artículo