Contido principal do artigo

Belén Puñal Rama
Universidad Estatal de Milagro (UNEMI)
Ecuador
Vol 3 No 13 (2020): Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS). Medio ambiente | Educación , Conversacións, páxinas 11-17
DOI https://doi.org/10.15304/ricd.3.13.7332
Recibido: 13-12-2020 Aceptado: 13-12-2020 Publicado: 28-12-2020
Copyright Como citar

Resumo

É posíbel un desenvolvemento que sexa sostíbel? Podemos seguir a medrar sen que o mundo colapse? Ten sentido, polo tanto, o propio concepto de Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel? Esta é outras cuestións foron abordadas nesta conversa con dous activistas galegos de fondo compromiso ambiental, Xabier Vázquez Pumariño e Manuel Casal Lodeiro, tamén coñecido nas redes como “Casdeiro”. Un diálogo a tres bandas que houbo de desenvolverse por videoconferencia no mes de setembro de 2020, en pleno contexto pandémico e cos incendios devastando o planeta. Ao longo das seguintes liñas, que  procuran sintetizar o que se falou nesa case hora e media que compartimos, percorreremos cuestións como as iniciativas comunitarias ao redor da loita contra o cambio climático, ou as incoherencias  das políticas e estratexias que din querer facerlle fronte, dende o ámbito máis local até o global.

Citado por

Detalles do artigo