Contenido principal del artículo

María Lameiras
Universidade de Santiago de Compostela
España
Biografía
María Victoria Carrera Fernández
Universidade de Vigo
España
Biografía
Yolanda Rodríguez Castro
Universidade de Vigo
Biografía
Vol. 1 Núm. 2 (2015): Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo, Ensayos, Páginas 111-119
Recibido: 09-07-2015 Aceptado: 09-07-2015 Publicado: 09-07-2015
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

A cultura da "imaxe" define a postmodernidade e o corpo convértese na súa icona máis singular. Un corpo convertido en obxecto de "consumo" e centro neurálxico da comunicación mediática. A través do percorrido diacrónico das imaxes proxectadas na publicidade podemos explorar os "usos" e "abusos" que se teñen inscrito sobre os corpos sexuados, e confirmar así a crecente obxectivización na que están a encallar estas mensaxes, nas que quedan atrapados cada vez en maior medida os corpos dos homes. Unha obxetivización que contrariamente ao que sería esperable non só non se detén nas últimas décadas senón que está a se expandir, até consumar unha realidade sexualizada que se subliña de forma significativa sobre os corpos das mulleres. Álzase así unha realidade hipersexualizada que está a prescribir hoxe en día a feminidade "máis" moderna, que sen desprenderse da imaxe de fraxilidade e dependencia que colonizou a imaxe das mulleres desde a conceptualización máis tradicional, incorpora unha feminidade saturada pola súa dimensión sexual. Explorar as oportunidades ou limitacións que esta hipersexualización ten para as mulleres enfróntanos a un necesario debate ao redor das propostas postfeministas sobre a "elección" como exercicio da autonomía individual.

Detalles del artículo