Contido principal do artigo

Leandro J. Llorente-González
Erasmus University Rotterdam, International Institute of Social Studies, 2502 LT ’s-Gravenhage, the Netherlands
España
https://orcid.org/0000-0001-9838-5970
Vol 33 No 2 (2024): Special Issue. Circular economy, sustainability and degrowth, Artigos, páxinas 1-32
DOI https://doi.org/10.15304/rge.33.2.9419
Recibido: 02-10-2023 Aceptado: 19-01-2024 Publicado: 21-03-2024
Imaxes
Copyright Como citar Citado por

Resumo

O cambio do actual sistema de lineal de extracción, produción e consumo cara unha economía circular (EC) foi anunciado como un xeito de reducir os impactos medio ambientais e sociais negativos da actividade económica humana. A Unión Europea (UE) comprometeuse a liderar a ruta cara unha EC global, co desenvolvemento dun mercado internacional de materias primas reciclables (MPR) como un dos principais pilares da súa estratexia. Porén, hai  fortes evidencias da distribución desigual do beneficio e o dano medio ambiental causado polo comercio internacional. Por tanto, o obxectivo dunha transición xusta global cara unha EC pode ser socavada se os mercados implicados continúan cos patróns previos de intercambio ecoloxicamente desigual. Para comprobar se isto é o caso, este estudo analiza o saldo físico comercial e os termos de comercio para os fluxos de comercio de MPR recentes dende, cara e entre os países membro da UE27.