Contido principal do artigo

Sergio Soza Amigo
Instituto de Gestión e Industria, Universidad Austral de Chile. Los Pinos s/n Balneario Pelluco, Puerto Montt, Chile.
Chile
https://orcid.org/0000-0002-8256-6782
Lorena Paredes
Departamento de Salud, Universidad de Los Lagos. Avda. Fuschlocher 1305, Chile
Chile
https://orcid.org/0000-0001-7469-5990
Vol 33 No 1 (2024), Artigos, páxinas 1-22
DOI https://doi.org/10.15304/rge.33.1.9261
Recibido: 15-06-2023 Aceptado: 20-10-2023 Publicado: 01-03-2024
Imaxes
Copyright Como citar Citado por

Resumo

Neste artigo contrástase se os sectores cun PIB próximo á media achegan máis ao sistema económico, por medio dos seus multiplicadores de emprego e/ou efectos de dispersión, que aqueles que presentan un PIB superior a esta. Para logralo, utilízase como referencia un horizonte de 11 anos (2008-2018) e mais os 11 centros principais dos macroterritorios de Chile [Norte Chico (6) e Patagonia (5)]. Como instrumento de información utilízanse matrices input-output, desde onde se obteñen as variables PIB, multiplicadores de emprego e coeficientes de dispersión, estes últimos entendidos como aqueles que permiten cuantificar o alcance das repercusións dunha actividade económica por medio dos seus efectos directos e/ou indirectos. Os resultados permiten concluír que actividades económicas cun PIB próximo á media, como o do sector da educación, presentan efectos diseminados que apoian a idea de facilitar o seu desenvolvemento mediante cambios na súa produción fronte a outras actividades que, con altos PIB, presentan uns efectos concentrados que limitan, por tanto, a súa achega en termos de interacción. Estes resultados contribuirán ao establecemento de políticas de desenvolvemento económico en función das particularidades de cada territorio.