Contido principal do artigo

Paulo Ferreira
Instituto Politécnico de Portalegre
Portugal
https://orcid.org/0000-0003-1951-889X
Dora Almeida
CEFAGE-UE, IIFA, Universidade de Évora, Largo dos Colegiais 2, 7000 Évora, Portugal
Portugal
https://orcid.org/0000-0003-0224-8635
Andreia Dionísio
CEFAGE-UE, IIFA, Universidade de Évora, Largo dos Colegiais 2, 7000 Évora, Portugal
Portugal
https://orcid.org/0000-0002-4289-9312
Derick Quintino
Department of Economics, Administration and Sociology, University of São Paulo, Piracicaba, Brazil
Brasil
https://orcid.org/0000-0002-9382-8442
Biografía
Faheem Aslam
Comsats University Islamabad, Islamabad, Pakistan
Paquistán
https://orcid.org/0000-0001-7308-096X
Vol 31 No 3 (2022), Artigos, páxinas 1-21
DOI https://doi.org/10.15304/rge...8400
Recibido: 10-04-2022 Aceptado: 07-07-2022 Publicado: 24-11-2022
Imaxes
Copyright Como citar Citado por

Resumo

Comprender os vínculos entre os mercados de valores reviste gran importancia para os investidores, os responsables políticos e os xestores de carteiras. Ao considerar a integración dos mercados bolsistas internacionais e dado que son sistemas complexos, é importante entender como se relacionan e como se inflúen mutuamente. Estudando datos de 25 índices bolsistas da Unión Europea, esta investigación pretende avaliar a dinámica de influencia entre eles. En canto ao método, aplicouse un enfoque non lineal, baseado na entropía de transferencia con análise estática e dinámica. Como principal achado, cabe destacar unha relación de forte influencia entre algúns índices. A análise estática permite inferir que os países do centro e oeste da Unión Europea son os principais influentes, mentres que a análise dinámica lévanos á conclusión de que as relacións entre os mercados bolsistas cambiaron co tempo, revelando o seu dinamismo. Os resultados obtidos teñen varias implicacións. Por exemplo, para os investidores e xestores de carteiras, a información sobre os comovementos é relevante a efectos de diversificación e para as súas decisións sobre onde realizar os seus investimentos, construír estratexias de carteira e xestionar os riscos; con todo, para os responsables políticos, o seguimento constante dos mercados bolsistas pode detectar aumentos na conexión entre os mercados, que poderían entenderse como signos de inestabilidade.