Contido principal do artigo

Tamara Armenteros Ruiz
Graduada en el grado de ADE y estudiante del grado de Economía
España
https://orcid.org/0000-0003-2122-9835
Leandro Benito
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0003-3624-1570
María-Celia López-Penabad
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0001-8738-4366
Vol 32 No 1 (2023), Artigos, páxinas 1-27
DOI https://doi.org/10.15304/rge.32.1.8190
Recibido: 01-01-2022 Aceptado: 28-07-2022 Publicado: 23-01-2023
Imaxes
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por

Resumo

Mentres que as teorías financeiras clásicas asumen a racionalidade do individuo, as Finanzas Conductuais sosteñen a influencia de aspectos cognitivos e emocionais en decisións de investimento. O obxectivo deste estudo é contribuír neste campo analizando a presenza de cinco nesgos –Exceso de Confianza, Comportamento de Rabaño, Falacia do Xogador, Falacia da Man Quente e Nesgo Doméstico– e a súa relación coas características persoais do investidor, en especial coa súa EEF. Tamén analizamos o efecto da crise financeira derivada do Covid-19 sobre os nesgos mencionados. Este traballo está fundamentado en 109 cuestionarios realizados en Galicia a investidores individuais, tanto reais como potenciais, que operan nos mercados bolsistas. Os resultados confirman a existencia dos devanditos nesgos, a súa relación con algunhas características persoais, unha menor presenza nos individuos con maiores coñecementos financeiros e a intensificación do Exceso de Confianza e o Comportamento de Rabaño durante crises prolongadas.