Benqueridas/os compañeiras/os,

Chegou un novo paradigma. O COVID-19 afectou de maneira moi singular á forma en que traballabamos,  socializábamos e gozabamos do noso tempo de lecer, alterando algunhas das actividades máis fundamentais do noso día a día. Todos estes cambios no noso estilo de vida veñen acompañados duns claros efectos económicos.

Trátase dun fenómeno global. Desde que comezou o brote o pasado decembro, o virus estendeuse a máis de 200 países. Todos os esforzos foron destinados, como cabería esperar, a loitar contra esta expansión do virus, a buscar unha vacina para poder erradicalo e a tentar mitigar os efectos económicos negativos derivados.

Poderíanse identificar dous tipos de efectos económicos: os que veñen arrastrados polas necesarias políticas de contención das infeccións e os que se derivan dos cambios de comportamento dos individuos. Aínda que todos fomos testemuñas do impacto do coronavirus na economía desde o principio, non é ata o de agora que empezamos a ter datos para poder cuantificalo. O desemprego, a redución da demanda turística ou os peches de empresas, son claros exemplos disto. Todos estes datos reflicten cifras sen precedentes.

Sen unha vacina, a “nova normalidade” parece ir quedar de forma indefinida. O que significa que tamén avanzamos cara a unha “nova economía” que debemos investigar.

Neste número especial da Revista  Galega de Economía gustaríanos convidar a que se envíen artigos dedicados á análise socioeconómica dos efectos do  COVID-19. Son benvidas contribucións relacionadas cos seguintes temas, entre outros:

  • A distribución espacial dos impactos económicos.
  • Análise de sectores específicos especialmente afectados (servizos de saúde, actividades turísticas, etc.)
  • Cambios nos comportamentos dos consumidores
  • Efectos sobre o mercado laboral
  • Sendas de recuperación e escenarios post-confinamento
  • Interrupcións no comercio e as cadeas de valor e produción.

Neste número especial publicaremos achegas orixinais sobre os temas propostos e outros similares. Todos os envíos serán sometidos a revisión cega para garantir a calidade científica e pertinencia dos traballos. Recepción de traballos ata o 15 de decembro de 2020.

Dr. André Carrascal Incera, University of Birmingham (UK), a.carrascalincera@bham.ac.uk

Dr. Esteban Fernández Vázquez, University of Oviedo (Spain), evazquez@uniovi.es

Dr. Mònica Serrano, University of Barcelona (Spain), monica.serrano@ub.edu

Special Issue 1_ 2020

Ir atrás