Agradecemento aos revisores e ás revisoras de 2024
Publicado o 2024-12-16No nome do Equipo Editorial, a Revista Galega de Economía recoñece con especial gratitude o tempo e o esforzo dedicado ás seguintes persoas que revisaron artigos remitidos á revista para os que se tomou unha decisión final durante o ano 2024. Os altos estándares científicos mantidos pola RGE débense en gran medida á dedicación continua dos revisores e revisoras, que ofrecen de forma desinteresada o seu tempo e experiencia.