A Revista Galega de Economía (Galician Journal of Economics) acadou un acordo de colaboración co XXXII Congreso EBEN España, titulado "Dinamizando el Cambio para un Futuro Responsable, Ético y Centrado en las Personas", que terá lugar en Santiago de Compostela do 21 ao 23 de maio de 2025.

Como parte deste acordo, a revista publicará unha selección dos artigos presentados que superen o correspondente proceso de revisión por pares.

Convidámolo/a a visitar a páxina web oficial do congreso en https://eben-santiagodecompostela.com

Ir atrás