Agradecemento aos revisores e revisoras de 2023
Publicado o 2023-12-04No nome do Equipo Editorial, a Revista Galega de Economía recoñece con especial gratitude o tempo e o esforzo dedicado ás seguintes persoas que revisaron artigos remitidos á revista para os que se tomou unha decisión final durante o ano 2023. Os altos estándares científicos mantidos pola RGE débense en gran medida á dedicación continua dos revisores e revisoras, que ofrecen de forma desinteresada o seu tempo e experiencia.