Comprácenos anunciar que a Revista Galega de Economía/Galician Journal of Economics foi seleccionada para a súa inclusión no Emerging Sources Citation Index (ESCI). Todos os artigos publicados despois do 1 de xaneiro de 2021 serán accesibles a través de ESCI e a Web of Science™. Esta inclusión en ESCI aumentará significativamente a visibilidade dos artigos publicados na revista e outorgará un selo de calidade adicional, cos beneficios que esto conleva para os autores. Este é un logro de grande importancia para a RGE, e desexamos expresar o noso mais sinceiro agradecemento a todos os autores, editores, revisores e leitores que nos teñen axudado a alcanzar este fito.

Nova no Xornal da USCNova no Jornal da USC

RGE_ESCI_small2.jpg

Ir atrás