Contido principal do artigo

Björn Asheim
University of Stavanger
Noruega
Markus Grillitsch
Lund University – CIRCLE
Suecia
Michaela Trippl
University of Vienna
Austria
Vol 28 No 2 (2019): Os estudos sobre políticas rexionais de innovación nas dúas últimas décadas: dende o sistemas rexionais de innovación ás estratexias de especialización intelixente, Artigos, páxinas 4-22
DOI https://doi.org/10.15304/rge.28.2.6190
Recibido: 22-07-2019 Aceptado: 22-07-2019 Publicado: 12-09-2019
Copyright Como citar

Resumo

Desde a súa aparición na década de 1990, o enfoque dos sistemas rexionais de innovación (SRI) atraeu unha considerable atención por parte dos xeógrafos económicos, académicos e responsables de políticas de innovación. O enfoque SRI ocupa un lugar destacado no discurso científico sobre a desigual xeografía da innovación e os factores que explican a xeración de coñecemento e a capacidade de innovar das rexións. O obxectivo deste traballo é reflexionar acerca da aparición do enfoque SIR, o seu debate actual, así como os retos de futuro. Este artigo estrutúrase con base en catro preguntas xerais de investigación: cales son as orixes e os fundamentos teóricos deste enfoque?, cal foi a súa contribución aos estudos de innovación e á xeografía económica?, cales son as súas implicacións para a política de innovación?, e cales son as liñas de investigación máis recentes e os desafíos claves da investigación no futuro? Arguméntase que as contribucións do enfoque dos SRI foron substanciais. Porén, o enfoque foi aplicado ás veces dunha maneira máis bien estática, máis como unha heurística que como unha teoría coherente. Os principais retos para a investigación actual e futura, polo tanto, deben avanzar na liña de construír un enfoque máis robusto desde o punta vista téorico e tamén máis centrado na dinámica e transformación dos SRI.

Detalles do artigo