Contido principal do artigo

M. del Carmen Sánchez-Carreira
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
España
Pedro Varela-Vázquez
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
España
M. Concepción Peñate-Valentín
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
España
Vol 28 No 2 (2019): Os estudos sobre políticas rexionais de innovación nas dúas últimas décadas: dende o sistemas rexionais de innovación ás estratexias de especialización intelixente, Artigos, páxinas 71-86
DOI https://doi.org/10.15304/rge.28.2.6158
Recibido: 12-07-2019 Aceptado: 12-07-2019 Publicado: 12-09-2019
Copyright Como citar

Resumo

O sector público constitúe un consumidor estratéxico, que pode utilizar o seu poder de compra para conseguir distintos fins socioeconómicos. Así sucede coa compra pública de innovación (CPI), instrumento que trata de fomentar a innovación desde o lado da demanda. O principal obxectivo deste traballo é analizar a experiencia de CPI de Galicia, centrándose no ámbito da saúde. Isto débese á relevancia do sector público como demandante e prestador de servizos no sector saúde e a que Galicia constitúe unha referencia na implementación de CPI no ámbito sanitario. Un aspecto central deste traballo consiste en identificar os factores impulsores desta experiencia pioneira. Os resultados suxiren que algúns elementos son cruciais: a dispoñibilidade de financiamento público, a participación dos diferentes tipos de axentes, a interacción público-privada, a identificación precisa das necesidades e a adecuada planificación. Así mesmo, a efectividade das políticas de demanda está condicionada por outros elementos como as capacidades produtivas e innovadoras do territorio, o que suxire a necesidade da coordinación das políticas de innovación desde a perspectiva da demanda coas de oferta. O papel do sector público como promotor da innovación parece máis relevante en rexións menos innovadoras, como é o caso de Galicia.

Detalles do artigo