É necesario rexistrarse Rexistrarse e identificarse Vaia a identificación para poder enviar artigos online e para comprobar o estado dos envíos.

Os autores deben verificar que o seu envío cumpre as seguintes directrices. Os envíos que non cumpran algunha destas directrices poderán ser rexeitados.

  • A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra revista (ou se proporcionou unha explicación en Comentarios ao editor)
  • O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autoras/es.
  • Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
  • Se o artigo inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Comentarios ao editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

1.- Os traballos deben entregarse en formato RTF para evitar problemas de compatibilidade no formato dos arquivos.

2.- Os traballos terán unha extensión máxima de 10.000 palabras, incluída bibliografía e notas, e haberán de axustarse ao seguinte formato:

  • - Marxes de 2 centímetros nos catro lados
  • - Texto: tipo de letra 12 a 1,5 espazos
  • - Notas: tipo de letra 10 a un espazo
  • - Os artigos deben ir precedidos de dous resumos en castelán e en inglés de 150 palabras cada un, xunto a 5 palabras crave.

3.- Os traballos levarán o seguinte encabezamiento:

  • - Titulo do artigo: centrado, maiúscula, negra
  • - Nome e apelidos do autor: debaixo do título, centrado, minúscula, cursiva.
  • - Filiación: debaixo do nomee universidade ou centro ao que pertence o autor, centrado, en minúscula e cursiva
  • - Exemplo:



4.- Autoría dos traballos. Nos traballos de autoría múltiple debe identificarse o autor responsable, que será tamén o autor de contacto. É responsabilidade do autor responsable garantir o recoñecemento de todos os autores que comparten a responsabilidade do traballo e de asegurar que todos coñecen e aprobaron a versión final do documento.
Os nomes dos autores deben figurar en ordenación alfabética polo primeiro apelido no caso de que todos contribuísen do mesmo xeito no traballo. Se a contribución de cada autor é diferente, recoméndase facelo constar en nota utilizando a terminoloxía convencionalizada CRediT (https://casrai.org/credit/).

5.- A sangría da primeira liña dos parágrafos, tanto no texto como nas notas a pé, farase coa opción específica do menú formato ou deseño de parágrafo. Nunca se usará para este fin a barra espaciadora nin a tecla de tabulación.

6.- As notas textuais dentro do texto principal que pasen de tres liñas deberán ir entre comiñas dobres: «así», co mesmo tipo de letra e sen cursiva.
En canto ás citas máis longas poranse en parágrafo aparte con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. Unha cita dentro doutra cita marcarase con comiñas simples: «é dicir "deste xeito" sería a correcta».

7.- As notas do texto principal reduciranse ao mínimo imprescindible e estarán numeradas de forma correlativa. A revista OHM non aceptará traballos nos cales o texto das notas a pe de páxina supere o 20% do total do texto escrito. A chamada das notas ao pé de páxina deberá situarse sempre que sexa posible ao final da frase e nunca cortándoa. Os números da chamada ao pé de páxina irán sempre antes do signo de puntuación que pecha a frase. Exemplo: Santiago1. e NON: Santiago.1

8.- As referencias bibliográficas faranse seguindo este modelo:

- Sobre a base destes tipos de letras:

USO VERSALES, Noaquí (1978), “Y ya en letra Times New Roman de tamaño 12”, Compongo el resto de la referencia bibliográfica del artículo, 1, 17, pp. 34-64.

USO VERSALES, Noaquí (1987), Y ya en letra Times New Roman de tamaño 12, compongo el resto de la referencia bibliográfica del libro, Lugar de Edición, Editorial.

- O formato das citas bibliográficas debe ser o que segue:

  • GAUDEMENT, Jean (1993), El matrimonio en Occidente, Madrid, Taurus.
  • VIRET, Jérôme-Luther (2004), Valeurs et pouvoir : la reproduction familiale et sociale en Ile-de-France, Ecouen et Villers-le-Bel, 1560-1685, Paris, PUPS.
  • TAPIA SÁNCHEZ, Serafín de (1995), “Los moriscos de Castilla la Vieja, ¿una identidad en proceso de disolución?”, Sharq al-Andalus, 12, pp. 179-195.
  • SHEENAN, Michael (1978), “Choice of Marriage Partner in the Middle Ages: Development and Mode of Application of a Theory of Marriage”, Studies in Medieval and Renaissance History, 1, pp. 3-33.
  • DUBERT, Isidro (2005), «De la géographie des structures familiales aux stratégies adaptatives des familles en Espagne, 1752-1860», Annales de Démographie Historique, 1, p. 199-227.
  • LASMARÍAS PONZ, Israel (2013), “Cultura material de los moriscos aragoneses: vestido y apariencia”, en Casaus Ballester, Mª J. (coord.), Los moriscos en los señoríos aragoneses. Actas de las III Jornadas del Proyecto Archivo Ducal de Híjar. Archivo Abierto, Teruel, Centro de Estudios Mudéjares, pp. 211-244.
  • DEROSAS, Renzo (1987), “I Querini Stampalia. Vicende patrimoniali dal Cinque all'Ottocento”, en Busetto, Gullino et Gambier, Pisani (eds.), Querini Stampalia, un ritratto di famiglia nel Settecento veneziano, Venezia, Fondazione Scientifica Querini Stampalia, pp. 45-87.
  • BONNAIN, Rolande (1986), «Le mariage dans les Pyrénées centrales, 1789-1836», en Chiva, Isaac et Goy, Joseph, (dirs.), Les Baronnies des Pyrénées : anthropologie et histoire, permanences et changements, Paris, EHESS, vol. 2, pp. 123-156.

9.- Táboas / cadros: Se é posible utilizarase o comando específico de edición de táboas. As táboas e cadros deberán cumprir as seguintes normas:

  1. Irán numeradas correlativamente: Táboa 1, Táboa 2...
  2. Levarán un encabezamiento conciso
  3. Ao pé poderán ir notas aclaratorias que nunca se combinarán coas notas ao pé de páxina do texto principal.

Farase referencia ás táboas e cadros no texto principal. Exemplo: «Vid. táboa 1».

10.- Gráficos: Os gráficos que aparezan no texto do traballo, deben de remitirse á súa vez aos editores nun ficheiros EXCEL. Neste caso, recoméndase presentar na mesma páxina EXCEL o gráfico e a táboa de datos. Os gráficos no texto do traballo irán numerados de xeito correlativa: Gráfico 1, Gráfico 2...

11.- Fotografía, ilustracións, mapas e planos: Os autores deberán ter en conta que o formato da revista OHM ten as seguintes medidas: 150x240 mm. Calquera arquivo de material gráfico terá en conta estas dimensións, é dicir, o tamaño do arquivo terá unha altura mínima de 240 mm., ou ancho de 150 mm. A resolución que se mide en puntos por polgada (ppp) -en inglés ppi- variará en función do tipo de material:

  • - Debuxos, planos, mapas, gravados: a dixitalización ("escaneado") farase en modo liña ou en mapa de bits (nunca en escala de grises). A resolución será de 1200 p.p.i.
  • - Fotografías: dixitalizarase cunha resolución de 300 ppp. Resolucións inferiores a 225 ppp non son recomendables. A resolución para publicar en páxinas web é de 96 ppp. Non é recomendable utilizar a interpolación.
  • - Formato de arquivo: recoméndanse, por orde, os formatos: .TIFF, .EPS, .JPG

Irán numeradas de xeito correlativa: Figura 1, Figura 2...

12.- Os autores corrixirán as primeiras probas, admitíndose só correccións tipográficas e ortográficas e, sempre a xuízo dos editores, aqueles engadidos ou eliminacións de texto que non afecten á maqueta da publicación.

13. Recoméndase aos autores o emprego dunha linguaxe inclusiva de xénero na redacción dos seus traballos.