Novos xacementos arqueolóxicos na provincia de A Coruña
Contido principal do artigo
Resumo
O seguinte artigo expón os resultados de maior interese obtidos en dous proxectos de prospección arqueolóxica realizados na provincia de A Coruña. Ambas intervencións tiñan como obxectivo documentar ou revisar distintos emprazamentos susceptibles de acoller un xacemento arqueolóxico, combinando técnicas baseadas na creación de Modelos Dixitais do Terreo a través de Sistemas de Información Xeográfica, coa prospección superficial en campo realizada con metodoloxía arqueolóxica.
Nesta liña, a través desta publicación preténdese expoñer os resultados obtidos nestas intervencións, ao mesmo tempo que se amosa a efectividade desta combinación entre campo e PC.
The aim of this paper is to expose the principal results of two archaeological surveys that took place in A Coruña. The main intention of both projects was to locate different places liable to accommodate an archaeological site. In order to do so, we have employed several visualization techniques created using GIS software, combined with surveys on the archaeological terrain using archaeological methodology.
Palabras chave
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
- Samuel Nión Álvarez, Brigantium no século XXI: Aproximación aos últimos datos arqueolóxicos da ocupación galaicorromana na cidade de A Coruña (s. I-IV d.c.) , Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade: Vol 37 (2018)
- Samuel Nión Álvarez, Jorge Manuel Blanco Ballón, Manuel Giménez Solla, Juan Castro Ínsua, Manuel Candal Seijas, Metodoloxía para a integración dos servizos ecosistémicos dos montes veciñais en espazos naturais no seu plan de ordenación e xestión: unha aproximación dende a arqueoloxía e o patrimonio cultural , Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades: No 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible